O BNG denuncia o peche dun camiño público nas obras da C-552
escrito por Administrator
O portavoz nacionalista instou ao grupo de goberno a que tome as medidas pertinentes para que se solvente esta situación.
O portavoz municipal do BNG, Xan Lois Lomba, sinalou na última Comisión de Urbanismo que as obras de mellora do firme que se están a realizar na C-552, á altura das Cachadas, pecharon a saída dun camiño público existente entre a fábrica e o límite municipal.
Este es el nuevo fichaje de la web, no es ni una sección ni un reportero sino una nueva camara con la que poder mejorar la calidad de las fotos. Heos dado el ansiado salto a reflex y para ellos hemos escogido la Canon EOS 450D un pac con los objetivos 15-55 y 55-250. Espero que esto nos permite acercaros más y mejores imágenes.
ACIGU CCA presentou na sede da Asociación a campaña de promoción: “Volta ó Cole”
escrito por Administrator
O 26 de Agosto, Carmen Mª García Braga, presidenta da Asociación de Empresarios de A Guarda – ACIGU CCA presentou na sede da Asociación a campaña de promoción: “Volta ó Cole”
Esta é unha campaña que ACIGU tradicionalmente ó chegar estas datas considera necesaria e oportuna para o fomento e desenrolo da economía comercial a través do aforro para as familias, supondo uns importantes descontos nas compras efectuadas nos nosos establecementos.
Ábaco acaba de sacar á rúa o número 7 da súa revista
escrito por Administrator
A Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios "ábaco" acaba de sacar á rúa o número 7 da súa revista ábaco.
Neste número ábaco ofrece unha ampla reportaxe sobre a celebración da Festa do Roscón de Xema e da Mostra do Comercio, da celebración da primeira Ruta do Pincho, asi como doutros temas de actualidade, e incluye un poster central con todos os asociados, que acaba de superar a cifra record de 122 socios.
Todos os interesados en conseguir un exemplar desta publicación poden facelo nos establecementos asociados ou nas oficinas da asociación sitas na rúa Manuel Lomba, 7.
SITUACION QUE ATOPAMOS TODOS OS DÍAS NO PASEO DO PORTO
escrito por Administrator
O PSOE de A Guarda debería tomar medidas ante esta situación que se está a repetir diariamente
O Partido Popular de A Guarda denuncia a situación na que se encontran as persoas que diariamente camiñan polo paseo de o porto. Dende a primavera pasada e durante o verán o paseo ven sendo ocupado por vehículos estacionados e en circulación ao longo de todo o seu recorrido, producíndose situacións de perigo para quenes pasean pola zona. Os conductores ignoran a sinal de prohibido circular que hai ao inicio do tramo e os pibotes que alí había será necesario repoñelos ou buscar algún tipo de solución ca autoridade competente para evitar calquer mal maior. Dende o PP de A Guarda pedimos solucións, e que se tomen as medidas precisas para dar solución a esta irresponsabilidade municipal da concellalía de tráfico.
O PSOE de A Guarda ten en estado de abandono os parques infantis
O Partido Popular de A Guarda denuncia a situación na que se encontran os parques infantís da vila, principalmente o de o porto de A Guarda na zona da Atalaia no que se encontran os columpios rotos e oxidados, a fonte de pedra tamén está en mal estado, perdendo auga polo que o parque está completamente anegado, así como os parques do centro cultural e da pasaxe que están nunha situación similar. Os xardíns e parques están en estado de abandono total, as zonas axardinadas sen plantas e con maleza, e todo elo resulta perigoso para o uso dos nenos, para o paseo dos transeúntes e dos turistas que nestas datas nos visitas. Así pretende o concello facer de A Guarda unha vila turística, dando unha imaxe deplorable do noso concello, coñecido entre outras cousas pola súa gran beleza paisaxística.
Daniel Alonso Y Gemma Marqués exponen desde el sabado en el Centro Cultural de La Guardia
escrito por Administrator
Desde el pasado sábado 16 assta el 24 de agosto expondrñán en el centro cultural el escultor guardés Daniel Alonso y la pintora burgalesa Gemma Marqués . Los horarios serán de lunes a viernes de 9:00 a 15:00 y de 19:30 a 21:30 y los sabados de 10:00 a 13:00.