Inicio arrow Comarca y Alrededores

Configuración

Tablón de anuncios

lA gUARDIA EN iMÁGENES

Para cualquier
anuncio, enviar
noticias y
colaboraciones
Escriba a:


CONTACTO

Estaremos encantados de publicarlo
 
aResizaDSC00129.jpg

El tiempo

La Guardia
5°C
[Detalles]

Encuestas

¿Recepciona y navega a través de la conexion wifi navegaguarda?
 
Con la información actual estáis a favor o en contra de las actuaciones en A Lamiña?
 

Visitantes desde el
25/01/2006

Otras cosas

Rincones del mundo

Servicio Público

Busquedas y saludos

Comarca y Alrededores
COMEZARÁ A RECOLLER SINATURAS PARA EVIDENCIAR O APOIO SOCIAL Á INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR
Calificación del usuario: / 1
escrito por Administrator   
martes, 09 de marzo de 2010


QUEREMOS GALEGO COMEZARÁ A RECOLLER SINATURAS PARA EVIDENCIAR O APOIO SOCIAL Á INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR REXEITADA POLA MESA DO PARLAMENTO

A plataforma asegura que “non vai calar por moito que queira Núñez Feijóo que a sociedade deixe de defender o galego”

Queremos Galego estudará respostas xudiciais contra a resoluciónda Mesa do Parlamento, que evidencia “a actitude prepotente dun Partido Popular que teima en non querer escoitar a sociedade”

 
Santiago de Compostela. 9 de marzo de 2010. A comisión xestora de Queremos Galego compareceu hoxe en conferencia de imprensa para, a través dun dos seus portavoces, Carlos Callón, anunciar as medidas legais e sociais a adoptar logo de a Mesa do Parlamento ter rexeitado por maioría a admisión a trámite da Iniciativa Lexislativa Popular impulsada nos últimos meses desde a plataforma. Esta iniciativa puxérase en andamento a través dunha comisión promotora da que fan parte nomes senlleiros en diferentes ámbitos da vida social e cultural do país, como Manuel Rivas, Avelino Pousa Antelo, Yolanda Castaño, Margarita Ledo, Xurxo Souto, Marica Campo, Kiko da Silva, Xosé Lois “O Carrabouxo” ou Sonia Lebedynski, entre outros.

Leer más...
 
I CARREIRA E ANDAINA SOLIDARIA CONCELLO DE TUI
Calificación del usuario: / 1
escrito por Administrator   
viernes, 05 de marzo de 2010
I CARREIRA E ANDAINA SOLIDARIA CONCELLO DE TUI

O Clube Atletismo Tui organiza o día 13032010 unha carreira de 10 Km. e unha andaina de 4 Km.
A carreira sae ás 18h. da Corredoira. A andaina sae as 17:30h. da Corredoira e estará guiada por dous historiadores que irán explicando a historia da cidade.

Estas dúas probas son solidarias, todo o recadado será para o Colexio San Xerome Emiliani da
Guarda.
Leer más...
 
ACTOS DO BNG NO BAIXO MIÑO CON OCASIÓN DO “DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES”
Calificación del usuario: / 1
escrito por Administrator   
jueves, 04 de marzo de 2010
ACTOS DO BNG NO BAIXO MIÑO CON OCASIÓN DO “DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES”

 
Con motivo do 8 de marzo -que este ano coincide co Centenario da Instauración desta data como Día Internacional da Muller Traballadora e o 125 aniversario do pasamento de Rosalía de Castro, precursora do pensamento feminista na Galiza- o BNG está a presentar en todos os Concellos do país mocións que teñen un sentido reivindicativo e visualizador da situación de discriminación que aínda padecen as mulleres en xeral, e as galegas en particular.
A análise sobre a situación das mulleres na Galiza -ao igual que no resto do mundo- evidencian a persistencia da discriminación de xénero. No ámbito laboral as mulleres padecen taxas de paro elevadas, teñen unha maior temporalidade e precariedade e cobran salarios inferiores que os varóns. Noutros ámbitos seguen a seren maioritariamente mulleres quen abandonan os seus postos de traballo ante a necesidade de atender a menores ou persoas dependentes.

Leer más...
 
O BNG pronúnciase en Tomiño a favor da fusión das caixas galegas
Calificación del usuario: / 1
escrito por Administrator   
lunes, 01 de marzo de 2010
O BNG pronúnciase en Tomiño a favor da fusión das caixas galegas

O deputado do BNG Bieito Lobeira foi o encargado de analizar a situación actual das Caixas de Aforros galegas e expor as propostas do Bloque Nacionalista Galego ao respecto.

O acto foi presentado pola Responsábel Local do BNG en Tomiño, Cristina Martínez, e forma parte da campaña que o Bloque Nacionalista Galego está a realizar en todo o país para explicar a Lei de Caixas impulsada polos nacionalistas e as posibilidades dunha fusión galega.

Ao longo do acto expúxose que na situación na que se atopan as caixas galegas é inévitábel unha fusión. Calquera caixa de aforros que pretenda aceder ao FROB (Fundo de Reestructuración Ordenada Bancaria) para solventar a súa situación financeira debe contar con 50.000 millóns en activos. Dado que nengunha das caixas galegas cumpre este requisito a única vía para poder optar a estes fundos pasa por unha fusión.

Leer más...
 
La Asociación Cultural Trisquel de A Guarda organiza un viaje a Lalín el próximo día 13 de marzo
Calificación del usuario: / 3
escrito por Administrator   
lunes, 15 de febrero de 2010
La Asociación Cultural Trisquel de A Guarda organiza un viaje a Lalín el próximo día 13 de marzo por tan solo 11 euros por persona

La Asociación Cultural Trisquel de A Guarda organiza un viaje a Lalín el próximo día 13 de marzo por tan solo 11 euros por persona.
La Asociación Cultural Trisquel tiene previsto para el próximo día 13 de marzo de 2010 un viaje a Lalín.
A la misma podrán asistir todos los interesados.

 
Leer más...
 
O vindeiro sabado celebrarasé en Tuy o Campionato Nacional de Remoergometro
Calificación del usuario: / 1
escrito por Administrator   
viernes, 22 de enero de 2010
O vindeiro sabado (durante toda a mañán) celebrarasé en Tuy o Campionato Nacional de Remoergometro

O vindeiro sabado (durante toda a mañán) celebrarasé en Tuy o Campionato Nacional de Remoergometro, onde acudirán deportistas de todolo territorio nacional, e no que tamén o Club de Remo Robaleira terá a súa representación, marcada nas categorías Xuvenil e Senior Masculino onde teñense claras aspiracións a acadar boas posicións.
Recordamosvos que dita competición celebrase no polideportivo de Tuy e que a entrada e gratuita para todo o público.
Tamén informar que o Campionato Galego de Remoergometro que tiñase que celebrar a seman pasada foi suspendido por unha folga dos funcionarios, polo que celebrarasé directamente o Campionato de España.
Por último recordaros que xa queda pouco para o comezo da temporada de Bateis, qe comezará o vindeiro 6 de Febrero.


 
Leer más...
 
CARME ADÁN URXE Á CONSELLERÍA DE SANIDADE A QUE RESPONDA Á SOBRECARGA DE TRABALLO NO CENTRO DE SAÚDE
Calificación del usuario: / 1
escrito por Administrator   
jueves, 14 de enero de 2010

CARME ADÁN URXE Á CONSELLERÍA DE SANIDADE A QUE RESPONDA Á SOBRECARGA DE TRABALLO NO CENTRO DE SAÚDE DE TUI E CONTRATE UN NOVO PEDIATRA

A deputada nacionalista lembra que neste momento a consellería aínda non contestou as súas preguntas sobre a situación deste centro

Santiago de Compostela, 13 Xaneiro 2010.- A deputada do g.p do BNG Carme Adán urxe da Consellería de Sanidade que dea resposta á sobrecarga de traballo do Centro de Saúde de Tui, que estes días volve estar de actualidade ante a falta de pediatras sustitutos.


 
Leer más...
 
Queremos Galego realiza unha entrega masiva de Postais
Calificación del usuario: / 2
escrito por Administrator   
martes, 22 de diciembre de 2009
Queremos Galego Entrega masiva de Postais
A Plataforma Queremos Galego realizará mañá mércores día 23 de decembro unha entrega masiva de postais navideñas dirixidas ao presidente da Xunta de Galicia para solicitarlle que mude a dirección da súa Política Lingüística.

Este acto reivindicativo realizarase ás 11:30h na oficina de Correos de Tomiño coa presenza do Portavoz da Plataforma, Tino Baz, e membros de Queremos Galego de todo o Baixo Miño.

Agardando que esta información sexa do seu interese reciba un cordial saúdo.

 
Leer más...
 
O BNG EN TUI PRESENTA UNHA MOCIÓN SOLICITANDO CUBRIR VACANTES PROFESIONAIS NO CENTRO DE SAÚDE
Calificación del usuario: / 2
escrito por Administrator   
viernes, 04 de diciembre de 2009
BNG

O Centro de saúde de Tui sofre, dende hai xa bastantes anos, unha sobrecarga de traballo que non é satisfactoriamente resolta polas administracións públicas.
Neste senso hai varios problemas que preocupan especialmente nestes intres a traballadores e usuarios do Centro de Saúde tudense.
Por unha banda o servizo de pediatría, tal e como manifestan dende o propio centro de saúde, está baixo mínimos “xa que habitualmente os e as enfermeiras e os e as pediatras dobran o número de nenos e nenas que se atenden noutros centros; sendo 1400 nenas e nenos o nº de rapaces atendidos mentres que para a Organización Mundial da Saúde a recomendación é que cada pediatra atenda como máximo un nº de 800 pequenos e pequenas”.


 
 
Leer más...
 
O BNG reclama un incremento de máis de 6 millóns de euros nos Orzamentos da Xunta para o Baixo Miño
Calificación del usuario: / 3
escrito por Administrator   
lunes, 23 de noviembre de 2009
Sample Image

O BNG reclama un incremento de máis de 6 millóns de euros nos Orzamentos da Xunta para investimentos fundamentais no Baixo Miño
 
O BNG ven de rexistrar no Parlamento Galego unha serie de emendas aos Orzamentos da Xunta de Galiza para 2010 para que as partidas que se destinan ao Baixo Miño se incrementen en máis de 6 millóns de euros. Con esta iniciativa pretende evitar que a comarca sexa marxinada nuns orzamentos que, como declararon a deputada Carme Adán e o Responsábel Comarcal do BNG Xosé Manuel Méndez en rolda de prensa: “son claramente discriminatorios para o Baixo Miño e mesmo paralizan proxectos que xa estaban en marcha en varios concellos da comarca”.

En concreto, o BNG reclama que a Xunta inclúa nos orzamentos actuacións básicas para o desenvolvemento económico da comarca como o Parque Empresarial de Tomiño, un proxecto que xa recibira un forte impulso na anterior lexislatura grazas á xestión da Consellería de Vivenda e Solo. Trátase dunha infraestructura indispensábel pola gran demanda existente de solo industrial e que axudaría en boa medida a revitalizar económica e laboralmente o Baixo Miño.
 
 
Leer más...
 
NOVO ACTO CON MOTIVO DO 25 DE NOVEMBRO DE 2009, O PRÓXIMO SÁBADO 21 EN MOUGAS-OIA
Calificación del usuario: / 5
escrito por Administrator   
jueves, 19 de noviembre de 2009


NOVO ACTO DA COMISIÓN COMARCAL DA MULLER DO BNG NO BAIXO MIÑO CON MOTIVO DO 25 DE NOVEMBRO DE 2009, O PRÓXIMO SÁBADO 21 EN MOUGAS-OIA

Despois de ter celebrado os actos de A Guarda e O Rosal durante os días pasados a Comisión Comarcal da Muller do BNG no Baixo Miño anuncia o próximo acto a celebrar en Oia.
O acto será presentado por Xosé Miguel Giráldez, Responsable Local do BNG de Oia, quen estará acompañada por Carmen Mª Baz Alonso, Responsable da Muller de Galiza Nova e pola Responsable Comarcal da Muller do BNG, Carme Verde Diego. Nel proxectaranse tres curtas: “Tirapuxa” (1996), “Toda clase de peles” (2006) e “Amelia e as Sereas” (2006) e rematará cun Cine Forum en torno a violencia de xénero.


 
Leer más...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 Siguiente > Final >>

Resultados 1 - 11 de 59
La Guardia en Imagenes