La Guardia en Imágenes
| Noticias |
| Servicio Público |
| Información y Servicios |
Imágenes y Videos
| La Guardia |
| O Rosal |
| Oia |
| Tomiño |
| Tui |
| - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - |
| Imágenes con Historia |
| - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - |
| Videos y Videomontajes |
Estas en: Inicio
| Iniciativa Veciñal de A Guarda pide un recoñecemento a Xosé Carlos Gómez Alfaro |
| escrito por Administrator | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| miércoles, 13 de mayo de 2009 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() Cando se está a cumplir un ano do paramento do profesor e poeta, XOSE CARLOS GOMEZ ALFARO, que se identificou como guardés nacido en As Chavolas, como un fillo do Miño parido a veira do Avia, a quen podemos considerar como o noso mellor poeta dos últimos tempos. E innecesario facer un glosario de toda a obra que escribiu o longo dos anos, pero nas que sempre estiveron presente os dóus pobos que levaba no corazón, así como tamén a súa familia. Súa pluma percorreu a nosa terra, quedando plasmada tamén en aportes a distintos libros/programas de festas na comarca, e nos moitos reconocementos e premios recibidos nunca esqueceu facer patria, nomeando os pobos nos que naceu e viviu, e no noso, tristemente falecer.
Unha persoa boa e xenerosa que como Mestre perdura na memoria de todos aqueles que pasaron polas súas aulas, excelente ser humano e gran amigo de quenes o trataron. Dende o Grupo Municipal de TERRA GALEGA-INICIATIVA VECIÑAL, vimos a presentar para o séu debate e aprobación no próximo Pleno a seguinte moción: a).- O Concello de A Guarda instaurará un premio de poesía que recorde a Xosé Carlos Gómez Alfaro. b).- O Concello de A Guarda, levará a cabo unha serie de charlas e conferencias na que se invitará a aqueles autores e críticos que trataron con autor para facer conocer a todos a obra poética de Xosé Carlos Gómez Alfaro. c).- O Concello de A Guarda, levará adiante os trámites necesarios a fin de facer un reconocemento do que xa era unha realidade, declarando FILLO ADOPTIVO deste pobo a Xosé Carlos Gómez Alfaro. A Guarda, a 14 de maio do 2009 Celso R. Fariñas
Portavoz do Grupo Municipal TERRA GALEGA-INICIATIVA VECIÑAL A GUARDA
Powered by !JoomlaComment 3.26
3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved." |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|












