OOPS. No tiene visor de Flash.Pinche aquí para actualizar y poder ver este contenido..

Imágenes y Videos

La Guardia
O Rosal
Oia
Tomiño
Tui
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Imágenes con Historia
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Videos y Videomontajes
Estas en: Inicio

Encuestas

¿Que le parecen las Fiestas del Monte en la actualidad?
 

El tiempo

La Guardia
17°C
A AGRUPACIÓN CULTURAL GUARDESA convoca o XXIII CERTAME DE POESÍA "FELICIANO ROLÁN"
Calificación del usuario: / 13
MaloBueno 
escrito por Administrator   
domingo, 28 de junio de 2009
A AGRUPACIÓN CULTURAL GUARDESA convoca o XXIII CERTAME DE POESÍA "FELICIANO ROLÁN"

Como todo-los anos a Agrupación Cultural Guardesa presenta o Premio de Poesía Feliciano Rolán na sua XXIII. Para ve-las bases dadelle a ler máis.

1.- Poderán presentarse poetas de calquera nacionalidade, sempre que os traballos que concursen veñan escritos en galego ou castelán.

2.- Os traballos serán orixinais e inéditos e comprenderán poemas non premiados noutros concursos. O tema será libre, igualmente a forma.

3.- Cada concursante remitirá un máximo de dous poemas que non deberán ter menos de 30 versos nin excederán dos 100 en cada poema.

4.- Os traballos presentaranse mecanografados a dous espazos e por unha soa cara, en folio e por quintuplicado. En plica pechada se farán constar os datos do autor así como o enderezo e número de teléfono. Os orixinais se remitirán ó seguinte enderezo:

 

Apdo. de Correos, 69 - 36780 A GUARDA (Pontevedra)

5.- Xulgará o presente premio un xurado constituído por membros da Agrupación Cultural Guardesa e persoas relacionadas co mundo das letras. A súa composición darase a coñecer ao emitirse o fallo.

6.- O fallo do xurado darase a coñecer a través dos distintos medios de comunicación, e comunicaráselle directamente aos gañadores.

7.- O Premio "Feliciano Rolán" de Poesía estará dotado con:

 
 PRIMEIRO PREMIO: 360 Euros e Placa
 SEGUNDO PREMIO: 120 Euros e Placa
TERCEIRO PREMIO: 60 Euros e Placa
 

A Agrupación Cultural Guardesa concederá un accésit si o considera oportuno segundo o acordado na Asemblea do 16 de abril de 2009.

Os Premios serán entregados nun Acto Cultural Poético a celebrar en A Guarda o mércores 5 de agosto ás 9:30 da noite no "Centro Cultural e Social", coincidindo coas Festas do Monte Santa Trega. Non poden ser declarados desertos.

8.- O prazo de admisión dos traballos pecharase o día 27 de xullo de 2009

9.- Non se manterá correspondencia sobre o concurso, e os traballos non premiados e plicas serán destruídos rematando o fallo do Xurado.

10.- Os traballos premiados quedarán en poder da Agrupación Cultural Guardesa, podendo esta publicalos cando o considere conveniente.

11.- A participación neste concurso implica a aceptación das presentes bases, así como tamén a decisión do xurado para algún caso non previsto nas mesmas.

 
A Guarda, a 20 de xuño de 2009
 
 

A AGRUPACIÓN CULTURAL GUARDESA AGRADECE A PRESENZA DAS PERSOAS PREMIADAS NO ACTO DE ENTREGA

 

Este Premio está Patrocinado polo EXCMO CONCELLO DE A GUARDA.

Colabora: COMISIÓN DAS FESTAS DO MONTE.

Comentarios
Añadir nuevo
cave   |2009-06-28 16:25:01
no poderiades dar un pouco mais de plazo? 8 dias me parecen moi escasos, sempre que leo as novas xa pasou o plazo.
neste pobo sempre pasa o mesmo, en fin que se lle vai faer!
guardia   |2009-06-28 17:17:10
e ata o 27 de XULLO! SAÚDOS
cave  - carllo pois si   |2009-06-28 17:45:47
desculpas ke lein mal a data, xca me paricia aminpouco tempo!!! hahahahaha
Escribir comentario
Nombre:
Email:
 
Título:
Código UBB:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
 
 
:):grin;)8):p:roll:eek:upset:zzz:sigh:?:cry
:(:x
 
Por favor introduce el código anti-spam que puedes leer en la imagen.

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."

 
< Anterior   Siguiente >