|
XA BASTA DE XUNTANZAS ESTERILES |
|
escrito por Administrator
|
|
lunes, 08 de febrero de 2010 |
Rexistro de Entrada nº 772 do 05 de Febreiro do 2.010
Celso R. Fariñas, Portavoz de Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL
EXPON:
Que habendo recibido o séu escrito con Rexistro de Saída nº 434 do 04.02.2010, polo que convoca os Portavoces a unha xuntanza para o día 05.02.2010 as 20,00 horas, por medio da presente, SOLICITAMOS:
1º).- Tal e como temos feito de palabra como por escrito polo rexistro municipal, reclamamos un INFORME ESCRITO do Xurista do Concello sobre a viabilidade das peticións feitas polos afectados.
2º).- Tal e como reflexamos no noso último escrito, R/E nº 609 do 02.02.2010 INFORME ESCRITO do Departamento de Urbanísmo sobre a VALORACION MATERIAL DOS INMOBLES E DANOS co inicio de expedientes de RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL, cando menos o das sentencias xa ejecutadas, para poder falar de números concretos.
3º).- INFORME sobre o estado actual dos expedientes e situación xurídica de cada procedemento.
Consideramos unha perda de tempo unha nova xuntanza sen documentación e propostas concretas, xa que se repite e volve a repetir o mesmo que se ten falado dende a primiera xuntanza.
POR TODO ELO:
E necesario dispor da documentación a que facemos referencia denantes de calquer convocatoria de novas reunións.
Unha vez recibida dita documentación e cún plazo de varios días para o estudio da mesma, será o momento axeitado para manter calquer tipo de encontro de Portavoces e chegar a acordos para transmitirllos a asociación de afectados.
Namentras non dispoñamos dos informes e demais documentos, o Grupo Municipal de Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL, NON ACUDIRA A NINGUNHA XUNTANZA.
|
A POLICIA LOCAL aparca do...
polo que sabemos, o pleno...
yo no se de concecion are...
yo me uno a los comentari...
vos os da oposición non l...
na alamada xa se ve, todo...
e agora quen vay pagar a ...
por que estas con eles xa...