OOPS. No tiene visor de Flash.Pinche aquí para actualizar y poder ver este contenido..

Imágenes y Videos

La Guardia
O Rosal
Oia
Tomiño
Tui
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Imágenes con Historia
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Videos y Videomontajes
Estas en: Inicio

Encuestas

¿Que le parecen las Fiestas del Monte en la actualidad?
 

El tiempo

La Guardia
---
4ª RUTA DO PINCHO A GUARDA 2011 “Presentación e inauguración”
Calificación del usuario: / 4
MaloBueno 
escrito por Administrator   
viernes, 11 de marzo de 2011
4ª RUTA DO PINCHO A GUARDA 2011 “Presentación e inauguración”
 
 O pasado xoves 3 de marzo, tivo lugar no Centro Cultural da Guarda a presentación da “4ª Ruta do Pincho A Guarda 2011” organizada pola Asociación de Comerciantes ‘ábaco’ e patrocinada por Bodegas “Marqués de Vizhoja”, no acto estiveron presentes, o alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes, o concelleiro do BNG, Xan Lois Lomba, así como concelleiras do Concello do Rosal e en representación da Deputación de Pontevedra.
 
Contamos tamén coa presenza do director de NovaCaixaGalicia da Guarda, Juan  Jesús González e o Delegado Comercial da Bodega Marqués de Vizhoja, Carlos  Hernández Ares, así como representantes dos 19 establecementos participantes nesta  ruta. Os cales son os seguintes: Bergantín, Xantar, Lolipop, Art Café, Vaite Vindo, Xeito, Arruaz, O Mariñeiro, The Celtic Harp, Ribel, Chupa Ovos, La Granja, Y la Luna?, Avenida,  O Recuncho, O Pasaxe, Casa do Outeiro, Juan, La Revancha.

José Ángel Gándara, vicesecretario de ábaco foi o encargado de presentar o  acto, quen agradeceu a presenza dos asistentes, autoridades, etc. Por outra banda, o  Presidente de ábaco, Ángel Luis Baz Vicente destacou a orixinalidade destes petiscos que se poderán degustar nesta 4ª edición da ruta do pincho, tamén resaltou a  importancia dos premios que se poderán conseguir rematando a ruta co pasaporte  totalmente selado polos 19 establecementos participantes, un magnum Marqués de  Vizhoja e sorteo dunha fin de semana no Talaso Atlántico.

Ao remate desta breve presentación, degustáronse os pinchos que cada establecemento participante nesta edición ofrecerá a todos os ruteiros e clientes que pasen polo seu local.
 
Por outra banda, comunicarvos que mañá xoves 10 de marzo de 2011 as 11 da mañá quedará inaugurada a “4ª Ruta do Pincho A Guarda 2011”, esta estará en funcionamento ata o vindeiro 10 de abril de 2011, en horario de 11 a 13:30 e de 19 a 22 horas os xoves, venres e sábados, e os domingos só de mañá.

 

¡Animarvos a probar os pinchos desta edición da ruta do pincho…!
 
< Anterior   Siguiente >