O BNG elixe a Uxío Benítez Deputado Provincial polo partido Xudicial de Tui |
escrito por Administrator
|
jueves, 16 de junio de 2011 |
Uxío Benítez resultou
elixido Deputado Provincial nunha multitudinaria asemblea celebrada
na tarde de onte en Tui . O acto no que participou a militancia do
BNG da Comarca do Baixo-Miño xunto cos militantes de Salceda de
Caselas, Porriño e Mos elixiron ao actual Tenente Alcalde de Tomiño
como Deputado Provincial polo Partido Xudicial de Tui.
Na súa intervención
diante da asemblea Uxío Benítez destacou que “os resultados
acadados nas pasadas eleccións municipais nas que o BNG se situou
como a segunda forza política nos Concellos que conforman o Partido
Xudicial de Tui, fan posíbel que por primeira vez os nacionalistas
contemos con un Deputado Provincial por esta circunscrición”.
Noutro momento da súa
intervención o novo Deputado nacionalista destacou como un gran
valor o traballo colectivo da militancia do BNG e comprometeuse
diante da asemblea a seguir traballando con entusiasmo para que o
nacionalismo consolide e incremente posicións para mellor defender
os intereses da inmensa maioría da sociedade.
Uxío Benítez foi
concelleiro de Urbanismo, facenda e patrimonio do Concello de Tomiño
na pasada lexislatura. Na actualidade segue sendo o responsable
destas concellarías no goberno de maioría absoluta que preside a
nacionalista Sandra González.
|
you can get a chance to s...
as well link:http://www....
the wedding dress which i...
link:http://www.zoodress...
link:http://www.zoodress...
focus groups, surveying 7...
day and have a natural&nb...
hourglass strapless ...