Inicio arrow Otras arrow MANUEL LUGRÍS FREIRE - DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Configuración

aResizaP2250055.jpg

El tiempo

La Guardia
3°C
[Detalles]

Visitantes desde el
25/01/2006

Tablón de anuncios

 Escudo Troncosos
 

Otras cosas

Rincones del mundo

Servicio Público

Busquedas y saludos

MANUEL LUGRÍS FREIRE - DÍA DAS LETRAS GALEGAS E-Mail
Calificación del usuario: / 7
MaloBueno 
escrito por Administrator   
MANUEL LUGRÍS FREIRE
 
No día das nosas letras queremos facer unha pequena homenaxe o escritor o que se lle adica este ano. Pra vque polo menso con esté pequeno poema que imos por acabemos o día das nosas letras tendo lido algo en galego e coñecendo unha migalliña da obra desde gran escritor. 
 
O vento zoa

O VENTO zoa

nas outas lumieiras,

e do pinal viciño

óucese a fonda queixa.

Toquenando co sono

na lareira

están os cativiños,

e namentras a nai salouca e reza.

O vento zoa

nas removidas tellas;

a saraiba inverniza

dun curisco, apredrea.

As ferintes saudades

medoñentas

nas almas arrequecen...

e namentras a nai salouca e reza.

O vento zoa

e unha cantiga enxerga

que de saudosos tempos xa pasados

as lembranzas esperta;

mais pensando no fillo

que levaran á guerra,

espello de aquel home

a nai, triste e dorida,

xa morto en terra allea,

xa non reza

porque coida que o vento

xeme tamén nas outas lumieiras

con laios tan firentes

como os dela.

Comentario[s]
365 días das letras galegas
Escrito por Invitado el 2006-05-16 16:00:00
As letras galegas deben ser os 365 e non só un, pena que haxa xente que pense que con un día xa está todo arreglado. 
 
Así nos vai
Escrito por Invitado el 2006-05-17 00:34:01
Pena que haxa xente que pense que a nosa cultura e so a nosa lingua e que defendela non implica coñecela
Escrito por admin el 2006-05-17 00:47:02
E unha magoa todo iso tedes razón os dous, pero e mais magoa ainda para min que me intente impor un idioma que amo respeto e coñezo e unha cultura, a nosa, que igual coñezo e quero máis que moitos que a poñen por bandeira. 
O día das nosas letras e un día festivo no que se intenta achegar un pouco da nosa cultura, escrita en galego, a nosa xente. Eu puxen este poema para que polo menos a xente neste día lera algo en Galego. 
 
Un saudo
Escrito por Invitado el 2006-05-17 04:21:02
¡Qué razón tienes Antonio!
polo menos a xente neste día lera algo e
Escrito por Invitado el 2006-05-17 14:33:45
Ese é o problema admin, que só o fas un día.
Escrito por admin el 2006-05-18 08:31:37
Iso e problema da xente eu leo tanto en Galego como en Castelan.Ademáis a xente non se lle pode tampouco obrigar a leer nun idioma.Tamto un coma outro son parte da nosa cultura

Escribe tu comentario
Nombre:Invitado
Título:
BBCode:Web AddressEmail AddressBold TextItalic TextUnderlined TextQuoteCodeOpen ListList ItemClose List
Comentario:



Inserte el Codigo:* Code

Powered by AkoComment 2.0!

 
< Anterior   Siguiente >
La Guardia en Imagenes