Inicio arrow Noticias arrow Otras arrow Axuda no Proxecto Ríos

Configuración

aResizaGrupoas 039.jpg

El tiempo

La Guardia
3°C
[Detalles]

Visitantes desde el
25/01/2006

Tablón de anuncios

 Escudo Troncosos
 

Otras cosas

Rincones del mundo

Servicio Público

Busquedas y saludos

Axuda no Proxecto Ríos E-Mail
Calificación del usuario: / 1
MaloBueno 
escrito por Portela   
Proxecto Ríos
 
Colabora co Proxecto Ríos. Portela envianos está nova e pidenos colaboración para levar a cabo esta boa iniciativa en prol da conservación dos nosos recursos naturais
 
¡Axudemos todos!

"Proxecto Ríos", como xa dixen, é unha iniciativa dunha asociación ecoloxista q trasladou a Galicia un proxecto semellante q se está a levar a cabo en Cataluña (aínda q pareza incrible, fan máis cousas q pelexarse polo Estatut) e q se chama "Projecte Rius". A iniciativa o q pretende é q a sociedade sexa máis consciente coa conservación dos ríos e q comprenda q non son só simples canles de auga q serven para mover turbinas e xenerar electricidade, senón q conforman verdadeiros hábitats en sí mesmo e q se interrelacionan co medio circundante (como o "bosque de ribeira", q só existe nas marxes dos ríos e debido a estes mesmos). Galicia, "o país dos mil ríos", como adoita ser coñecida, cunha explotación hidroeléctrica moi forte, pensouse q podería ser un sitio óptimo para aplicar este proxecto. O proxecto consiste en seleccionar un tramo dun río (duns 500 metros, aínda q se se dispón de tempo e ganas, podes coller máis tramos) e solicitar o material (iso faríao eu, ademáis é de balde). O material consiste nunca serie de elementos moi básicos para facer unha pequena análise do río, non hai q ter ningún tipo de coñecemento previo, xa q é moi sinxelo e trae un libriño con todo moi explicado. A análise consiste, como dixen, en medicións no propio río (caudal,  pH, temperatura, transparencia da súa auga, etc), na observación dos "bichos" q o habitan, pois son bioindicadores da saúde do río, presencia de mamíferos, peixes, etc. Tamén comprende a análise do bosque de ribeira presente (ancho q ten, continuidade, especies existentes, etc), así como se hai presencia de artes ou actividades tradicionais (pescos, barcas, etc) e tamén da presencia de restos etnográficos (muíños, canles, etc). Con todo isto faise unha base de datos na que se rexistra toda esta información e se observa se vai habendo cambios importantes. O único q, digamos, "obriga" é facer polo menos dúas análises ao ano, unha en outono (pola disminución de caudal tras o verán) e outra na primavera (tras as chuvias do inverno), pero poden facerse máis se se quere. Poden unirse ao Proxecto Ríos as asociacións, colectivos, colexios ou calquera grupo dun
mínimo de dúas persoas (pq entre outras cousas hai q medir o ancho do río e para iso fan falla 2).

 

Se queres axudar ponte en contacto con porte a traves do email

Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesitas tener Javascript activado para poder verla

E se precisas máis informacion mira nesta web:

www.proxectorios.org

Comentario[s]
Conmigo sabes que podes contar
Escrito por admin el 2006-02-08 05:29:04
O dito que contes comigo eu estarei encantado de axudarte
Comezo campaña primavera
Escrito por Porte el 2006-02-10 03:58:19
Preguntei a Viqui, a q leva o do Proxecto Ríos e díxome q a campaña de primavera comeza o 15 d maio, co cal aínda hai tempo abondo.Tamén me dixo q se van facer algunhas xornadas informativas para os voluntarios, a primeira o sabado q ven, en Porriño. Eu non podo ir, pero tentarei ir a algunha outra para enteirarme mellor. Saúdos.

Escribe tu comentario
Nombre:Invitado
Título:
BBCode:Web AddressEmail AddressBold TextItalic TextUnderlined TextQuoteCodeOpen ListList ItemClose List
Comentario:



Inserte el Codigo:* Code

Powered by AkoComment 2.0!

 
< Anterior   Siguiente >
La Guardia en Imagenes