"Proxecto Ríos", como xa dixen, é unha iniciativa dunha asociación ecoloxista q trasladou a Galicia un proxecto semellante q se está a levar a cabo en Cataluña (aínda q pareza incrible, fan máis cousas q pelexarse polo Estatut) e q se chama "Projecte Rius". A iniciativa o q pretende é q a sociedade sexa máis consciente coa conservación dos ríos e q comprenda q non son só simples canles de auga q serven para mover turbinas e xenerar electricidade, senón q conforman verdadeiros hábitats en sí mesmo e q se interrelacionan co medio circundante (como o "bosque de ribeira", q só existe nas marxes dos ríos e debido a estes mesmos). Galicia, "o país dos mil ríos", como adoita ser coñecida, cunha explotación hidroeléctrica moi forte, pensouse q podería ser un sitio óptimo para aplicar este proxecto. O proxecto consiste en seleccionar un tramo dun río (duns 500 metros, aínda q se se dispón de tempo e ganas, podes coller máis tramos) e solicitar o material (iso faríao eu, ademáis é de balde). O material consiste nunca serie de elementos moi básicos para facer unha pequena análise do río, non hai q ter ningún tipo de coñecemento previo, xa q é moi sinxelo e trae un libriño con todo moi explicado. A análise consiste, como dixen, en medicións no propio río (caudal, pH, temperatura, transparencia da súa auga, etc), na observación dos "bichos" q o habitan, pois son bioindicadores da saúde do río, presencia de mamíferos, peixes, etc. Tamén comprende a análise do bosque de ribeira presente (ancho q ten, continuidade, especies existentes, etc), así como se hai presencia de artes ou actividades tradicionais (pescos, barcas, etc) e tamén da presencia de restos etnográficos (muíños, canles, etc). Con todo isto faise unha base de datos na que se rexistra toda esta información e se observa se vai habendo cambios importantes. O único q, digamos, "obriga" é facer polo menos dúas análises ao ano, unha en outono (pola disminución de caudal tras o verán) e outra na primavera (tras as chuvias do inverno), pero poden facerse máis se se quere. Poden unirse ao Proxecto Ríos as asociacións, colectivos, colexios ou calquera grupo dun
mínimo de dúas persoas (pq entre outras cousas hai q medir o ancho do río e para iso fan falla 2).
Se queres axudar ponte en contacto con porte a traves do email
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesitas tener Javascript activado para poder verla
E se precisas máis informacion mira nesta web:
www.proxectorios.org