|
Fotografía de Pacífico Fernández Cividades en 1968, xunto a seu fillo Luís Fernández Vicente e seu neto. Fotografía cedida pola familia.
Pacífico Fernández Cividanes estivo varios anos de enfermeiro no Centro Sanitario (dependente do Patronato Nacional Antituberculoso), ata 1936, data na que foi "cliente a forza" do Penal da Illa de San Simón acusado de "rojo". Elí colleu unha enfermidade da pel tipo "psoriasis" que logo lle quedou para sempre.. Foi unha persoa moi apreciada no barrio de Ribadavila e na Marina. Facía de practicante e de xastre.Casado ca tía María Fernández Vicente ca que tivo varios fillos (vivos sete). O oficio de practicante era "amateur" pois non cobraba nada, todo quedaba para que "Deus cho pague"; ademais tampouco tiñan cartos as persoas que ían a inxectarse calcio ou penicilina nos anos 40/50 do século pasado, os chamados "anos da fame"; enviados polo médico local don Ermelindo Portela Gómez o faltar enfermeiras e practicantes na Guarda. Como xastre tivo primeiro un taller na rúa Calvario nº 9 ( Casa propiedade de don Conrado Estevez), cando se vendeu o edificio pasa a vivir e traballar ca numerosa prole na Guía (detrás da capela da Guía), e xunto a sua inseparable máquina de coser Singer pasa a traballar como sempre de sol a sol. Confeccionaba traxes de "dril" de fibra de eucalipto case que transparente, segundo me dixo seu fillo Luís; logo chegan as teas de "mahón" polo 1954, ca que confecciona un traxe semellante ao que tiñan os chineses cando a Revolución Cultural de Mao Tse Tung, todos co mesmo corte salvo o tamaño segundo a estatura da persoa. Os filos do tío Pacífico eran os encargados de molla-las teas de mahón na fonte da Ribeira para que encollera a tea- antes de confeccionalos traxes-, sempre de noite, debido a que polo día as mulleres dos mariñeiros acaparaban os "tanques" da fonte para poder lavar as redes de fío (ainda non chegara o nylón). Naturalmente o tío Pacífico cobraba os traxes cando podían pagalo....por certo era un "forofo" do Club Deportivo Guardés. |
Corrección Escrito por jose antonio el 2006-06-09 02:50:39 Por erro meu o trasladar os datos do tío Pacífico a Internet metín un "gazapo". Debe dicir: Pacífico Fernández Cividades que era seu nome verdadeiro. Tamen un familiar me indicou que o nome da muller non era María, esquecéndome o que él me dixo. Rogo disculpas, un non é perfecto.... | Escrito por admin el 2006-06-09 03:52:24 Gracias pola corrección xa cambiei o nome cando saibas o da muller cambimolo tamne Moitas gracias | Otilia Escrito por Invitado el 2007-03-29 03:13:03 Un salaudo para Antonio.Muy interesante tu trabajo . | informacion Escrito por Invitado el 2007-04-26 13:05:51 Hola soy la visnieta de Pacifico Fernandez Cividanes y os quiero decir que mi visabuela si que se yama Maria Vicente Sobrino. Y tamien quiero decir que tubo 8 hijos y en estos momento vivos 5: Pacifico, Kina, Carlos, Antonio y Luis. espero que os sirva la informacion y que la retifiqueis. gracias. |
Powered by AkoComment 2.0! |