Inicio arrow Guardeses y vecinos arrow O tío Santiagiño por Jose Antonio Uris

Configuración

aResizaGrupoas 039.jpg

El tiempo

La Guardia
1°C
[Detalles]

Visitantes desde el
25/01/2006

Tablón de anuncios

 Escudo Troncosos
 

Otras cosas

Rincones del mundo

Servicio Público

Busquedas y saludos

O tío Santiagiño por Jose Antonio Uris E-Mail
Calificación del usuario: / 13
MaloBueno 
escrito por Jose Antonio Uris   
O tío Santiagiño
 

Fotografía de Luís Cadilla

O tío Santiagiño D. Santiago Baz Lomba
 
Para coñecer un pouco da sua historia e as suas anecdotas facilitadas polo neto deanlle a "leer más"
 

O TÍO SANTIAGIÑO

D. Santiago Baz Lomba

             Nado no barrio mariñeiro un seis de febreiro de 1.888, o tío Santiagiño como di seu neto Daniel era un home mariñeiro completo, dende rapaza xa se adicaba a pesca, pódese dicir que naceu no mesmo mar, membro dunha familia numerosa que tamén se adicaban as faenas da pesca.

             Casou con dona Josefa Velasco Alonso que axudaba tamén nas distintas faenas que a pesca conleva, muller moi traballadora quedou inválida para poder moverse pero con iso ainda axudaba e aconsellaba ao seu compañeiro, primeiro cómo mariñeiro e logo como armador.

             Pai de numerosa prole os fillos seguiron os mesmos derroteiros que o tío Santiajiño, mariñeiros e armadores[Bernardo Baz Velasco “Naro” e Antolín Baz Velasco “Rejaderas”, Manuel Baz Velasco], agás dous deles que escolleron as Américas para traballar como emigrantes, mais unha boa cantidade de netos aos que levaba de paseo a Alameda o día de Santiago Apóstolo, que era o día do seu Santo, naturalmente a meta era o chiringuito da Leona e de Chuco onde invitaba aos netos a churros.

             Cómo o tío Chuco sempre estaba de bromas lle espetaba tío Satiajo, ¿cantos netos novos lle cairon na liña?, contestaba ¡ísto é unha fortuna!.

             O tío Santiajiño era a cara amable e simpática do barrio mariñeiro, cheo de amigos, que o escoitaban na taberna-estanco[ Expendeduría nº 2] de O Roxo [Enrique O Roxo], tiña un aquel de pillaban intelixente, case que era cómo un pequeno actor no seu ambente de taberna.

              O relato das suas aventuras acontecidas na pesca ó longo de tantos anos o fixeron famoso na contorna, aldeas e  A Marina, non digamos cando chegaban os guardeses das américas a pasar uns meses, entón era cando “bordaba” os relatos....

              Estas historias-relatos foron algungas delas publicadas no xornal ABC de Madrid, o máximo colaborador e cómplice do tío Santiajiño era o propio taberneiro o tío Enrique O Roxo, é a tía Chuca cando ía tomar uns grolos a taberna que esta rexentaba coñocida cómo A Naranja, ou ía cortalo pelo a peluquería de  Faustino  O Botabaixo lugar onde tiña unha grande audiencia cos clientes de Salcidos, Camposancos ou O Rosal.

             Os relatos-novela mais famosos foron: O da balea, O trémello, Tres publesitos, O carallote, A caldeirada, O da aldea, Os tomates, e moitos mais.

              Alguns dos ointes chegaron a dicirlle que metía moitas “trolas” cas súas historias, é o tío Santiajiño sempre tiña unha resposta: “Eu non falo para a xente, solo falo para min, o que queira escoitar que escoite,... o que queira picar...pois alá él...

              Tiña tamén algunhas frases cómo citas para enriquecer os relatos: “as redes no arcás, non pescan. “El aceite de tupellejo”.

O da BALEA:

              Indo unha ves a pesca da sardiña atopámonos cunha gran ballena, e díxenlle ós compañeiros: “hoxe xa temos pesca”. Paramos a motora e amarrámola cuns cordoeiros a ballena; pero antes de virar pro porto acordamos facer a caldeirada enriba do lombo da ballena.

              Baixamos o tripieiro e máis unha pota e fixemos a fogueira. E todos arrededor do pote. Nisto, ao comenzar a quecer, dixo Rufino: ¡Cuidado, compañeiros, que me parece que a ballena non está morta, que está durmindo!.

              E no intre, empezou a dar uns estrozóns, e non deu tempo máis que a subir pro barco, cortar amarras cunha machadiña, e alá se vai a ballena, e o que foi peor, a pota que me custara, naquil entón, doce pesos.

               Dalí a pouco apareceu, frente A Guarda, unha ballena morta, aboiando, cunha gran ferida no lombo. Era a queimadura que lle fixéramos coa fogueira.

 

O da CABRA:
 

               Aconteceume en Camposancos cado vin que andaba por elí sola unha cabra grande e blanca, da que se dicía estaba embruxada e que naide a daba collida, cada vez que se lle arrimaban, a cabra ¡je! ¡je! rompia a rir coma unha señorita educada.

               ¡Coiro!, dixen eu, pra ela ha de chegar Santiagiño. Pedinlle a Enrique O Roxo que estuvo en Méjico e que me ensinara a facer un lazo mexicano. E alá me vou pola noite escura.

               Cheguei, e alí estaba o carajo da cabra co pescozo alevantado como unha jirafa e os ollos a relucirlle.

                Arrimeime un pouco e: ¡je! ¡je! ¡je! Entón faleille: Guapa, ven aquí, guapa.

                E ela a rirse ¡je! ¡je! ¡je!. cando estaba pertiño, tireille o lazo por enriba dos cornos e enlaceina ben forte.

                Entón dixenlle: Riéte agora, anda. Quedou caladiña e tróuxena hasta deixala amarrada a esos piñeiros que hai por debaixo do Tecla.

                 Pero cadrou que por elí pasou un mariñeiro, que non sabía nada do caso, e a cabra, ¡je! ¡je! ¡je! votoulle unha risada larga. No mismo intre, a aquel mariñeiro mozo, co susto  que levou quedáronlle pra sempre os cabelos blancos....

Iso foi certo- rematou de afirmar o señor Enrique O Roxo.

 

ANÉCDOTAS

Un día estando a pescar no “bordo” toca facer de comer no “tripieiro” e un irmán do Cartuchera lle di:

              Tío Santiajo case que non temos leña para facer de comer”.

               Coiro, ¡cómo nun hai leña!, tes os palos, a obra morta, as panas, o ponte...¡é dis que no hai leña!.

              Nin corto nin preguiceiro o irmán do Cartuchera colle a machada e ía dereito o palo... ¡para, caracho! ¡que vas facer!... ¡que nos deixas sen palo!.... contesta o mariñeiro: “Fago o que vostede me mandou”. Pero home, home..... ¿nos ves que era de bromas?.

 

 

                Nestas tempadas patroneaba un barco de madeira mercado ó Sr. Castelar [casado con unha cuñada de Marcial Rodríguez da Cruzada] que logo chegou a ser celador do Porto de A Guarda.

                Outro día un mariñeiro lle di:  Tío Santiajo ¿que facemos hoxe de comer?

                                                            ¡Coiro, xa ves que temos de tódolos peixes...congro, rodaballo, linguado, pescada, robalos!. ¡E dis que non hai para comer!.

                O mariñeiro vai e colle un robalo de preto oito quilos para botalo na ola é escoita ao patrón. ¡Para coiro!, ¿que vas facer? ¿non ves que é o mellor peixe que temos na cesta?...¡é que vostede díxome que collera o mellor!. ¡si home si !, pero, ¿tí cando vas con teu pai na gamela o mellor congro e o mais grande é para comer, ou para vender?.

                Contesta o mariñeiro. ¡é para facer cartos!. Entón pasa o mesmo con este robalo, ¡que é para facer cartos!.

 

Datos: Facilitados polo neto Daniel Baz.

Comentario[s]

Escribe tu comentario
Nombre:Invitado
Título:
BBCode:Web AddressEmail AddressBold TextItalic TextUnderlined TextQuoteCodeOpen ListList ItemClose List
Comentario:



Inserte el Codigo:* Code

Powered by AkoComment 2.0!

 
Siguiente >
La Guardia en Imagenes