|
Campo de traballo Santa Tegra, un campo de traballo sen barreiras |
|
|
escrito por Administrator
|
|
O pasado martes día 2 de agosto comezaron as actividades do Campo de Traballo de Santa Trega A Guarda. Nesta actividade participan 21 persoas de toda España (Valencia, Murcia, Zaragoza, Guadalajara, Pais Vasco, etc...) e xóvenes do San Xerome Emiliani.
Nesta primeira xornada de traballo o grupo percorreu as paraxes onde se van levar a cabo as actividades de traballo, o poboado Castrexo do Monte Santa Trega onde realizarán unha unidade didáctica para escolares co fin de darlle valor ó conxunto arqueolóxico, despois visitamos as dunas da desembocadura onde coordinados pola asociación ecoloxista ANABAM se pretende colaborar na protección e conservación da paraxe natural. O traballo se realizará polas mañáns e as tardes se adicarán ó ocio e coñecemento do noso entorno, visitas ós pobos próximos, obradoiros de aromaterapia, rutas en piragua polo rio Miño, e outras que vaian xurdindo. Co motivo do inicio das actividades contamos coa visita de diferentes autoridades da Xunta de Galicia, o Delegado de Vicepresidencia Francisco Javier Verea Argibay e o Director Xeral de Xuventude Rubén Cela. Durante a súa estancia animaron na súa labor ós xóvenes participantes interesandose pola súa procedencia e manifestandolle o agradecemento pola súa participación. Débora Baz (2 de agosto de 2006)
 Os participantes no primeiro turno do Campo de traballo Santa Tegra, atendendo as explicacións de Agustín Ferreira (ANABAM).
Powered by AkoComment 2.0! |