|
O próximo sábado 19 de agosto, a partir das 6 da tarde, voltarán a unirse unha vez máis a música e a solidariedade. Celebramos os 25 anos do San Xerome, e nestes 25 intensos anos a música axudounos a superar máis dunha crise. Porque a música está permanentemente connosco: nas celebracións, como terapia, ocio e diversión, unindo culturas diferentes cos nosos colegas portugueses, como método integrador coa xuventude (Xerock) ... e tamén nas dificultades, onde xurde con forza a faceta solidaria dos nosos amigos os músicos.
O noso aniversario queremos tamén unilo para sempre coa música, co rock intenso, comprometido, enérxico e sen complexos. Precisamos ese contaxio! Todo está disposto para a gran festa, e queremos agradecer dende aquí a todos aqueles que, independentemente dos resultados finais do concerto, apostaron por nos: as diferentes administracións, as ONGs, os medios de comunicación locais, empresas e casas comerciais, os voluntarios/as e os artesáns. Graciñas! Queremos informar tamén de xeito resumido dalgúns aspectos técnicos do Festival: - A entrada será gratuita.
- Os prezos das barras serán os máis baixos de tódolos festivais galegos.
- Participarán máis de 70 músicos dos diferentes grupos.
- Máis de 50 voluntarios se encargarán do desenrolo do Festival (limpeza, orde, barra, catering ...). Neste grupo de voluntarios/as, hai unha importante representación de irmáns de usuarios do Centro, cos que pretendemos crear un grupo estable de traballo.
- ANPA e Xunta Directiva estan a ter tamen un papel determinante.
- Os integrantes do Campo de traballo Santa Tegra, colaborarán en diferentes aspectos do Festival.
- No Festival 4 grupos faran a presentación do seu recentísimo último disco:
- Sex Museum: “United”
- Samesugas: “Alá vai!”
- Los High Sierras: “Fortune & Venture”
- Primer Grado “Maniaca”
- Na zona solidaria estarán presentes as Asociacións: Avelaiña, Vontade, San Xerome, Alento, Comercio Xusto Atalaia, Solidariedade Internacional, Anabam, Implicadas no desenvolvemento, Erguete e a campaña do Centro de asesoramento afectivo – sexual para a mocidade “Querote”, da Vicepresidencia da Igualdade.
- Na zona comercial haberá presencia de artesáns, ademáis da venda do “merchandising” dos grupos participantes.
- Agardamos a presencia de Rubén Cela, Director Xeral de Xuventude e Alberto García Cerviño, Presidente de Solidariedade Internacional de Galicia.
- Os concertos iniciaranse as 6 da tarde, co grupo local “area”, e está previsto que os míticos “Sex Museum” actuen a 1 da madrugada.
www.integraccion.tk
|
Escrito por Invitado el 2006-08-19 17:55:09 una mierda toda la musica, no sirve para nada | el concierto estuvo genial!!! Escrito por Invitado el 2006-09-08 12:43:00 |
Powered by AkoComment 2.0! |