|
Uris saudando ao republicano histórico vigués Manuel Lago o 6 de outubro de 2006 |
|
|
escrito por Jose Antonio Uris
|
|
Uris saudando ao republicano histórico vigués Manuel Lago o 6 de outubro de 2006, día do homenaxe aos republicanos que foran internados no campo de Concentración de Presos e Presentados, antigo Colexio dos PP. Xesuítas da Provincia de Portugal, expulsados de España en febreiro de 1932, cando o goberno da II República incautouse das instalacións e prohibira a enseñanza as "Órdenes Relixiosas".
Tamen se homenaxeou a memoria dos 49 fusilados soterrados na Fosa Común de Sestas (31 no día 2 de xullo de 1938 e 18 no día 20 de xullo de 1938); tamén na memoria de Manuel Noia Xil (Concelleiro e ex Alcalde de A Guarda así cómo máximo dirixente da Federación Obreira de A Guarda); de Brasilino Honorio Álvarez Sobrino (concelleiro, último Alcalde de A Guarda en 1936 e presidente do Partido Galeguista), os irmáns Manuel e Antonio Domínguez Pacheco fusilados xuntos o 10 de agosto de 1938 na Sangriña (detrás da entrada actuai do IES), eran irmáns de Taxota e cuñados de Manuel Noia Xil; Francisco LLoret Gándara (secretario da Federación Obreira e dono do Hotel-Bar El Argentino sito na rúa Calario nº 1 -hoxe oficiña de Ignacio ó arquitecto); José Manuel Vicente "Juliano" ou "Manoto",Juliano Díez Álvarez (carteiro de A Guarda e mebro da executiva da Federación Obreira); Manuel Baz Domínguez "Fillo do Pildirico" e pai de Gloria Baz (vendedora de rosquillas nas festas e muller do antigo barbeiro Luís), e pai de Josefina "Fina" a da antiga taberna "Mau Mau", entre outros fillos; Celestino Balsas Vello, Manuel Barracido Balsas Vello de 23 anos de Porto A Coruña; Julio Saavedra Galiñanes de 26 anos de Camposancos, xornaleiro, José Alonso Portela de 24 anos de profesión "chaufer" fillo de Juan e María; Herminio Domínguez Pérez de 22 anos, xornaleiro, fillo de Emilio e Benita; José Cardoso Martínez (Barbeiro de San Miguel); Eliseo Estevez Alvarez; Antonio Iglesias Perucho; Roque Camilo Carrero Lorenzo de Camposancos (concelleiro e pdirixente da Agrupación Socialista Agraria de Camposancos); Cledominio Múñiz Lorenzo (soterrado nunha tumba sen nome no cimiterio de Camposancos (tiña 18 anos cando un soldado de garda no Campo de Concentración o matou no acto, era de Avilés- Asturias o día 18 de novembro de 1937, foi cando o rapaz asomaba para recoller auga da choiva dun canal que goteaba fronte a fiestra da "celda" e unha bala de fusil mauser acabou ca vida deste rapaciño asturiano - Súa nai estivo en Camposancos arredor de 1980, foi impresionante ver aquela nai berrando de dor enriba da tumba.....) , e a todos aqueles que sen haber feito dano a ninguén foron paseados ou fusilados soamente por sás conviccións socio-políticas. José A. Uris Guisantes. |
x Escrito por Invitado el 2006-11-18 10:09:07 replubrica xa!
| autor da fotografía Escrito por jose antonio el 2006-11-18 12:19:53 O autor da fotografía foi Antón ferreira Lorenzo. |
Powered by AkoComment 2.0! |