Inicio arrow La Guardia arrow Uris saudando ao republicano histórico vigués Manuel Lago o 6 de outubro de 2006

Configuración

aResizaDSC00293.jpg

El tiempo

La Guardia
12°C
[Detalles]

Visitantes desde el
25/01/2006

Tablón de anuncios

 Escudo Troncosos
 

Otras cosas

Rincones del mundo

Servicio Público

Busquedas y saludos

Uris saudando ao republicano histórico vigués Manuel Lago o 6 de outubro de 2006 E-Mail
Calificación del usuario: / 5
MaloBueno 
escrito por Jose Antonio Uris   
 
Uris saudando ao republicano histórico vigués Manuel Lago o 6 de outubro de 2006, día do homenaxe aos republicanos que foran internados no campo de Concentración de Presos e Presentados, antigo Colexio dos PP. Xesuítas da Provincia de Portugal, expulsados de España en febreiro de 1932, cando o goberno da II República incautouse das instalacións e prohibira a enseñanza as "Órdenes Relixiosas".
 
        Tamen se homenaxeou a memoria dos 49 fusilados soterrados na Fosa Común de Sestas (31 no día 2 de xullo de 1938 e 18 no día 20 de xullo de 1938); tamén na memoria de Manuel Noia Xil (Concelleiro e ex Alcalde de A Guarda así cómo máximo dirixente da Federación Obreira de A Guarda); de Brasilino Honorio Álvarez Sobrino (concelleiro, último Alcalde de A Guarda en 1936 e presidente do Partido Galeguista), os irmáns Manuel e Antonio Domínguez Pacheco fusilados xuntos o 10 de agosto de 1938 na Sangriña (detrás da entrada actuai do IES), eran irmáns de Taxota e cuñados de Manuel Noia Xil; Francisco LLoret Gándara (secretario da Federación Obreira e dono do Hotel-Bar El Argentino sito na rúa Calario nº 1 -hoxe oficiña de Ignacio ó arquitecto); José Manuel Vicente "Juliano" ou "Manoto",Juliano Díez Álvarez (carteiro de A Guarda e mebro da executiva da Federación Obreira); Manuel Baz Domínguez "Fillo do Pildirico" e pai de Gloria Baz (vendedora de rosquillas nas festas e muller do antigo barbeiro Luís), e pai de Josefina "Fina" a da antiga taberna "Mau Mau", entre outros fillos; Celestino Balsas Vello, Manuel Barracido Balsas Vello de 23 anos de Porto A Coruña; Julio Saavedra Galiñanes de 26 anos de Camposancos, xornaleiro, José Alonso Portela de 24 anos de profesión "chaufer" fillo de Juan e María; Herminio Domínguez Pérez de 22 anos, xornaleiro, fillo de Emilio e Benita; José Cardoso Martínez (Barbeiro de San Miguel); Eliseo Estevez Alvarez; Antonio Iglesias Perucho; Roque Camilo Carrero Lorenzo de Camposancos (concelleiro e pdirixente da Agrupación Socialista Agraria de Camposancos); Cledominio Múñiz Lorenzo (soterrado nunha tumba sen nome no cimiterio de Camposancos (tiña 18 anos cando un soldado de garda no Campo de Concentración o matou no acto, era de Avilés- Asturias o día 18 de novembro de 1937, foi cando o rapaz asomaba para recoller auga da choiva dun canal que goteaba fronte a fiestra da "celda" e unha bala de fusil mauser acabou ca vida deste rapaciño asturiano - Súa nai estivo en Camposancos arredor de 1980, foi impresionante ver aquela nai berrando de dor enriba da tumba.....) ,  e a todos aqueles que sen haber feito dano a ninguén foron paseados ou fusilados soamente por sás conviccións socio-políticas.
José A. Uris Guisantes.

Comentario[s]
x
Escrito por Invitado el 2006-11-18 10:09:07
replubrica xa! 
autor da fotografía
Escrito por jose antonio el 2006-11-18 12:19:53
O autor da fotografía foi Antón ferreira Lorenzo.

Sólo los usuarios registrados pueden escribir comentarios.
Por favor valídate o regístrate.

Powered by AkoComment 2.0!

 
< Anterior   Siguiente >
La Guardia en Imagenes