|
escrito por Administrator
|
|
Goián acolle o Festival Taiña o vindeiro 17 de febreiro. Un ano máis, a Asociacion Xuvenil Taiña impulsa unha forma diferente de comezar o Antroido.
 Un ano máis, e van 4, a Asociación Xuvenil Taiña intenta anticiparse as festas do Antroido cunha iniciativa que pretende situarse nun posto de referencia dentro da relación de festivais e concertos de inverno. O Festival Taiña está a consolidarse como unha das ofertas máis transversais e interesantes do panorama musical galego. Como todos os anos, o evento terá lugar na praza da Igrexa de Goián a partires das 23:00h do sábado de Antroido, que este ano cae no 17 de febreiro. Haberá unha carpa e a entrada é gratuita. Esta edicion do Festival Taiña trae novidades importantes e unha oferta musical variada como ven sendo habitual neste concerto. Actuará en primeiro lugar FESTICULTORES TROUPE, grupo de música balcánica e xitana fusionada con outros estilos como reggae, ska, musica electrónica, etc. A continuación saltará ao escenario BANDA POTENKIM, un recente proxecto musical de ritmos afro-caribeños constituido por ex-compoñentes de Papaqueixos, Diplomáticos, 3 Trebons, etc. Por ultimo, rematará a festa o colectivo hip-hop DIOS KE TE CREW, banda creada en Ordes de recoñecido prestixio internacional que virá acompañada dun grupo de graffiteiros e breakers. Todo este evento estará presentado, coordinado e entrelazado por TOÑITO DE POI, actor, músico e colaborador da TVG. A Asociacion Xuvenil Taiña anima a participacion neste evento musical e carnavelesco. Para máis información www.festivaltaina.com. Tlf.: 659029063 / 649436343 Powered by AkoComment 2.0! |