Inicio arrow La Guardia arrow O BNG SOLICITA LOCAIS DE ENSAIO PARA GRUPOS DE MÚSICA

Configuración

aResizaImagen 040.jpg

El tiempo

La Guardia
14°C
[Detalles]

Visitantes desde el
25/01/2006

Tablón de anuncios

 Escudo Troncosos
 

Otras cosas

Rincones del mundo

Servicio Público

Busquedas y saludos

O BNG SOLICITA LOCAIS DE ENSAIO PARA GRUPOS DE MÚSICA E-Mail
Calificación del usuario: / 5
MaloBueno 
escrito por Administrator   
 O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO, presentou un escrito no concello da Guarda onde se solicita que se execute o acordo plenario para habilitar locais de ensaio para os diferentes grupos musicais da localidade.
 

Dende a formación nacionalista indícase existe un gran número de grupos de música que polas súas características necesitan dunhas instalacións axeitadas para poder ensaiar. Instalacións que pasan por unha correcta insonorización para facer compatíbel a súa actividade sen molestar a veciños e veciñas.

Dende a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade dependente de Vice-presidencia da Igualdade e Benestar estanse a promocionar unha serie de proxectos para a pór en valor os diferentes grupos de música do país, entre eses proxectos está a Rede de Locais de Ensaio.

No pleno ordinario celebrado en outubro de 2005, aprobouse unha moción presentada polo BNG solicitando do goberno municipal se lle concederan a estes grupos locais de ensaio.

Dende o BNG crese que o grupo de goberno ten que dar resposta a estas demandas, que no seu día apoiaron, sabendo que todo acordo plenario é de obrigado cumprimento. Demandas que de seguro van contar co apoio da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade e na que o propio BNG está disposto a colaborar na medida do posíbel.

Atentamente,

Xan Lois Lomba Alonso.

Portavoz municipal do BNG na Guarda.

Comentario[s]
Locais de ensaio Xa!!!!!!!!!!!
Escrito por Invitado el 2007-11-18 10:19:43
A ver se dunha vez nos fan caso
Escrito por Invitado el 2007-11-20 13:26:02
moito freitas q ia a tal, e nom cumpre!! 
 
a GUArda libre, e noM especulada!!

Escribe tu comentario
Nombre:Invitado
Título:
BBCode:Web AddressEmail AddressBold TextItalic TextUnderlined TextQuoteCodeOpen ListList ItemClose List
Comentario:



Inserte el Codigo:* Code

Powered by AkoComment 2.0!

 
< Anterior   Siguiente >
La Guardia en Imagenes