Inicio arrow La Guardia arrow MOCION CONTRA O PRESTAMO DE PAGO EN BIBLIOTECAS

Configuración

aResizaImagen 117.jpg

El tiempo

La Guardia
12°C
[Detalles]

Visitantes desde el
25/01/2006

Tablón de anuncios

 Escudo Troncosos
 

Otras cosas

Rincones del mundo

Servicio Público

Busquedas y saludos

MOCION CONTRA O PRESTAMO DE PAGO EN BIBLIOTECAS E-Mail
Calificación del usuario: / 3
MaloBueno 
escrito por Administrator   
 
MOCION DO GRUPO MUNICIPAL DE TERRA GALEGA-INICIATIVA VECIÑAL O PLENO DO CONCELLO DE A GUARDA CONTRA O PRESTAMO DE PAGO EN BIBLIOTECAS


Rexistro de Entrada Municipal nº 8297 do 19-11-2007

 

MOCION DO GRUPO MUNICIPAL DE TERRA GALEGA-INICIATIVA VECIÑAL O PLENO DO CONCELLO DE A GUARDA CONTRA O PRESTAMO DE PAGO EN BIBLIOTECAS.

As bibliotecas públicas exercen unha labor fundamental no desenrolo cultural dunha sociedade democrática, facilitando o acceso a un amplío abano de ideas e opinións. Fomentan, asemesmo, a lectura, contribuíndo ao progreso social, xa que este tamén se desenrola mediante a promoción da investigación e a facilidade de acceso as creacións intelectuais. 

Unha das actividades básicas das bibliotecas é o préstamo de libros e ,para que sexa efectivamente un servicio público, según as recomendacións da UNESCO e a Federación Internacional de Asociacións de Bibliotecarios (IFLA), a de ser gratuíto e libre de cualquer canon ou gravame. 

Non obstante, por unha mal entendida protección do dereito de propiedade intelectual, mais conocido como dereitos de autor, as sociedades de xestión destes dereitos reclaman, basándose nunha directiva da Comunidade Europea (Directiva 2006/115/CE, de 12 decembro sobre dereitos de aluguer e préstamo e outros dereitos afíns aos dereitos de autor no ámbito da propiedade intelectual), o pago dun canon polo exercicio do préstamo de libros. Loxicamente, autores e editores deben cobrar polo seu traballo, pero cando un libro chega a unha biblioteca, saltou unha barreira, da mesma maneira que pasados 70 años da morte do autor, os dereitos sobre a propiedade intelectual pasan a ser do conxunto da cidadanía.

Ademais, os dereitos de autor xa están contemplados no prezo do libro, co  cal xa foron pagados na compra e non ten sentido que se pague tamén polo préstamo.

O préstamo de pago basease nun concepto erróneo de sociedade como mercado; un mercado donde todo se compra, donde todo se vende nun progresivo acoso e derribo os servicios públicos.

O parecer, O Goberno Español traballa nunha nova normativa que contempla o préstamo de pago (concretamente, sinalando que as bibliotecas deberían pagar en torno a 20 céntimos por libro prestado). Diante desta posibilidade, creemos que dende unha política de promoción cultural debese apostar polo mantemento do actual límite de préstamo que contempla a vixente Lei de Propiedade Intelectual no seu artigo 37.

Esto, ademais, está en consonancia co marco legal tamén recollido pola mencionada Directiva 2006/115/CE, pois no seu art. 6 xa establece a posibilidade de que cada Estado membro determine libremente a remuneración polo préstamo de obras en función das súas políticas de promoción cultural, outorgándolles a potestade de eximir a determinados establecementos de dito pago, e incidindo na importancia dos servicios de préstamo que ofrecen as institucións públicas. 

Tampouco nos sirve o argumento de que puidera ser o Estado quen pagara este canon, xa que todos los servicios públicos están sufragados pola cidadanía e o que no podemos compartir e que a lectura quede gravada economicamente. Non podemos deixar que se introduza unha nova traba ao acceso a  cultura, e menos despois de tantas queixas sobre o descenso do nivel cultural na nosa sociedade e das dificultades das políticas de fomento da lectura.

Por todo elo, o Pleno do Concello de A Guarda

ACUERDA:

1.- O Concello de A GUARDA declara que as bibliotecas, arquivos, museos, fonotecas, filmotecas, etc. cumpren unha función de difusión da cultura  e o pensamento que supón un apoio o fortalecemento dos valores democráticos.

2.- O Concello de A GUARDA  manifesta seu rechazo e desconformidade ca posibilidade de adoptar unha taxa polo préstamo nas bibliotecas públicas.

3.- Desta maneira, o Concello de A GUARDA solicita ao Goberno español que declare as bibliotecas públicas exentas de pago por préstamo, atendendo a posibilidade recollida no art. 6 da Directiva 2006/115/CE, de 12 decembro que deixa a posibilidade de que os estados membros eximan do pago a certas entidades de utilidade pública.

4.- O Concello de A GUARDA mostra seu apoio as medidas adoptadas nas “Xornadas contra o préstamo de pago” celebradas en Guadalaxara, en contra da proposta da Unión Europea de modificación da Lei de Propiedade Intelectual para o cobro dos dereitos de autor polos préstamos que se fagan nas bibliotecas públicas.

5.- Deste acordo  darase traslado as seguintes institucións: Goberno da Xunta de Galicia, Ministerio de Cultura, FEGAMP e  Federación Española de Municipios e Provincias.

 

A Guarda, a  16  de novembro de 2007

 

 

 

 

 

 

Celso R. Fariñas                                      Isabel Lidia González Alonso

 

 

 

 

 

 

 

 

Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda

Comentario[s]

Sólo los usuarios registrados pueden escribir comentarios.
Por favor valídate o regístrate.

Powered by AkoComment 2.0!

 
< Anterior   Siguiente >
La Guardia en Imagenes