|
O BNG SOLICITA UN FONDO DE EMERXENCIA PARA MULLERES EN SITUACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO |
|
|
escrito por Administrator
|
A formación nacionalista presenta unha moción para o pleno do presente mes pola conmemoración do Día da Non Violencia de Xénero, na que solicita a creación dun fondo de emerxencia para mulleres que sofren a violencia de xénero. O pasado 25 de novembro conmemorouse o día da non violencia de xénero, para o BNG esta é unha data de denuncia, de concienciación social sobre un problema que está a orde do día.
O BNG entende que para construír unha sociedade baseada nos valores democráticos de igualdade entre homes e mulleres , necesitamos de medidas lexislativas ou contribucións desde as administracións públicas, que o BNG leva poñendo en marcha onde ten responsabilidades de goberno, para rematar con esta lacra social que estamos a vivir. Unha das medidas fundamentais é apoiar as mulleres maltratadas para que poidan iniciar unha nova vida en liberdade e protexidas dos seus agresores; de aí que a formación nacionalista solicite a creación dun fondo de emerxencia a cargo dos orzamentos do concello da Guarda para atender os casos de mulleres en situación de violencia de xénero que de maneira urxente necesiten recursos para saír adiante Atentamente, Xan Lois Lomba Alonso. Portavoz municipal do BNG na Guarda.Sólo los usuarios registrados pueden escribir comentarios. Por favor valídate o regístrate. Powered by AkoComment 2.0! |