|
25 campaña do Colectivo de mariñeiros a favor do San Xeome |
|
|
escrito por Administrator
|
|
O luns dia 3 de decembro, coincidindo co "Dia internacional das persoas con discapacidade", iniciase a 25 Campaña do Colectivo de mariñeiros da Guarda a beneficio do Centro San Xerome. O longo do mes membros deste Colectivo, xunto con familias dos usuarios do Centro percorrerán as diferentes vilas do Baixo Miño, solicitando colaboración para o mantemento do Centro. Os actos centrais da Campaña serán este ano os seguintes: * Venres 28 de decembro, no Auditorio multiusos de Goián, a partir das 8 da noite : posta en escea dunha obra de teatro a cargo do grupo XERATRIUM do Centro San Xerome, e concerto de música de Angola co cantautor ALBERTO MVUNDI. * Domingo 30 de decembro, no Estadio Municipal de A Guarda, a partir das 4 da tarde . Partido de fútbol, entre os equipos U.D.Ribera - Sporting Guardés. No intermedio do partido terá lugar o Sorteo dos lotes navideños. Adxuntamos un escrito de agradecemento, e unha fotografía da primeira campaña do Colectivo de mariñeiros no ano 1982.
Powered by AkoComment 2.0! |