Configuración

aResizaDSC00238.jpg

El tiempo

La Guardia
16°C
[Detalles]

Visitantes desde el
25/01/2006

Tablón de anuncios

 Escudo Troncosos
 

Otras cosas

Rincones del mundo

Servicio Público

Busquedas y saludos

CONTAS DA FESTA DA LAGOSTA-2007 E-Mail
Calificación del usuario: / 3
MaloBueno 
escrito por Administrator   
 
Tal e como se nos indicou no pasado Pleno Ordinario celebrado o venres día 30 de novembro, no lúns, día 3 de decembro, pasamos por Secretaría a fin de revisar e recoller datos relacionados ca Festa da Lagosta do 2007.
 

No Expediente que recibimos de Secretaría, ca excepción do entregado polos restaurantes que participaron na festa, o demais son pagos por distintos traballos realizados como reflexan as copias que se nos facilitaron:

INGRESOS:
Decreto nº 821/2007, sobre aportes dos restaurantes por 5.640,00;

GASTOS:
Decreto 418/  sobre abono de 11.250,oo a Martín Casal, por aluguer de carpas; Decreto 415/ de 556,80 a Informática San Benito por instalación de ordenadores; Decreto 417/ de 904,80 a Electromiño, por aluguer de megafonía; Decreto 416/ de 997,60 a Ecosani, por aluguer de sanitarios ecolóxicos; Decreto 419/de 4.062,oo a Catering Galicia, por aluguer de mesas e
cadeiras; Decreto 432/ de 1.993,oo a Albán, pola limpeza e mantemento da carpa; Decreto 435/ de 743,096 a Guimerá por aluguer de grupo electróxeno; Decreto 434/ de 851,44 a Gráficas La Guardia, por carteis; e Decreto 431/ de 2.494,oo a Serea Porcelanas, por pratos decorados.

Na documentación entregada, está o Informe de Intervención, donde se sinala que as cousas non se fixeron moi ben, xa que debe facerse por licitación pública e aterse os principios de publicidade, transparencia, concurrencia e obxetividade. A expricación que se da dende a Concellalía de Turísmo, é a falla de tempo, situación que se da sempre, (se non se cambia a data), en tódolos trocos de goberno municipal, por iso non entendemos que se saíra nos medios de comunicación pregoando que a festa había sido un éxito, tanto en asistencia como económicamente, xa que cos datos aportados, teríamosunhas contas que sinalarían úns INGRESOS de 5.640,oo e unhas saídas de 23.852,436?

Pero dito expediente está incompleto e con el, é imposible facernúmeros e polo tanto, non se xustifica tal aseveración sin a entregado resto da documentación, un dato a ter en conta, ¿Canto costou arecepción oficial na inaguración da festa?


Por elo, que vimos a solicitar que se nos aporte os siguintes datos:

?        .- Aporte Municipal no Presuposto/2007
?       .- Factura de lagosta mercada polo Concello
?       .- Gastos  de persoal non municipal que traballou nesas datas.
?       .- Factura da Comida Institucional.
?       .- Facturas de publicidade nos medios de comunicación falada e escrita.
?       .- Factura de xoiería (Pin do Pregoeiro).
?       .- Facturas de Actuacións Musicais.
?       .- Factura de actuacións de ocio e actividades de rúa.
?       .- Gastos de papelería, talonarios, material de oficina, bolsas, etc.
?       .- Gastos por ocupación de Zona Portuaria.
?       .- Relación de Horas Extras de Persoal Municipal e Policia.
?       .- Ingresos de stands ocupados por negocios non vinculados a restaurantes.
?       .- Certificación de subvencións si as hubo.
?       .- BALANCE REAL DE INGRESOS E GASTOS.


A Guarda, a 2 de decembro do 2.007

Celso R. Fariñas                                           Isabel Lidia González Alonso

Comentario[s]

Escribe tu comentario
Nombre:Invitado
Título:
BBCode:Web AddressEmail AddressBold TextItalic TextUnderlined TextQuoteCodeOpen ListList ItemClose List
Comentario:



Inserte el Codigo:* Code

Powered by AkoComment 2.0!

 
< Anterior   Siguiente >
La Guardia en Imagenes