|
XERATRIUM, O novo grupo de teatro do Centro San Xerome, participará en Lugo na MOSTRA DE TEATRO ESPECIAL DE GALICIA 2007.
O grupo de teatro XERATRIUM constituise recentemente e está composto por dez actrices e actores con discapacidade, dirixidos por Irene Moreira Fontán da Compañía de teatro Xerpo Cultural de O Porriño (www.xerpocultural.com) A Mostra de Teatro Especial de Galicia, organizada pola Fundación ANADE e dirixida polo coñecido actor galego José Colmenero, terá lugar en Lugo os dias 11, 12 e 13 de Decembro no Auditorio Gustavo Freire, e ten como obxectivo dar a coñecer o traballo que realizan as persoas con discapacidade no terreo teatral, coa finalidade non só de ocio senon tamén de carácter profesional. Amosando que si se dispón de medios pódese acadar un gran nivel de interpretación. Nesta mostra participarán os grupos “Nova” de Avilés, “El arquetú” de Segovia , “Mimo Lalo” de Madrid, “Alquimistes” de Barcelona, e os galegos “Na lúa” de A Coruña e o noso representante “Xeratrium” de A Guarda. A actuación da representación do Baixo Miño, será o mércores 12 de decembro. O grupo representará a obra “O lago dos cisnes” . Trátase dunha revisión do conto do “parrulo feo” de Andersen, onde dun xeito metafórico falamos das dificultades que atravesa unha persoa con discapacidade intelectual ao longo da sua vida. Parte da banda sonora do espectáculo está composta e interpretada en directo polo grupo Xerock.
O debut do grupo na Comarca, será o dia 28 de decembro no Auditorio Multiusos de Goián no Festival solidario organizado polo Colectivo de mariñeiros de A Guarda, no que actuarán xunto co cantante angolano Alberto Mvundi.
Powered by AkoComment 2.0! |