Inicio arrow La Guardia arrow XERATRIUM, O novo grupo de teatro do Centro San Xerome, participará na MOSTRA DE TEATRO ESPECIAL

Configuración

aResizaGrupoas 039.jpg

El tiempo

La Guardia
8°C
[Detalles]

Visitantes desde el
25/01/2006

Tablón de anuncios

 Escudo Troncosos
 

Otras cosas

Rincones del mundo

Servicio Público

Busquedas y saludos

XERATRIUM, O novo grupo de teatro do Centro San Xerome, participará na MOSTRA DE TEATRO ESPECIAL E-Mail
Calificación del usuario: / 2
MaloBueno 
escrito por Administrator   
 

XERATRIUM, O novo grupo de teatro do Centro San Xerome, participará  en Lugo na MOSTRA DE TEATRO ESPECIAL DE GALICIA 2007.

 

O grupo de teatro XERATRIUM constituise recentemente e está composto por dez actrices e actores con discapacidade, dirixidos por Irene Moreira Fontán da Compañía de teatro  Xerpo Cultural de O Porriño (www.xerpocultural.com) 

A Mostra  de Teatro Especial de Galicia, organizada pola Fundación ANADE e dirixida polo  coñecido actor galego José Colmenero, terá  lugar en Lugo os dias 11, 12 e 13 de Decembro  no Auditorio Gustavo Freire, e ten como obxectivo  dar a coñecer o traballo  que realizan as persoas con discapacidade no terreo teatral, coa finalidade non só de ocio senon tamén de carácter profesional. Amosando que si se dispón de medios pódese acadar un gran nivel de interpretación.

Nesta mostra participarán  os grupos “Nova” de Avilés, “El arquetú” de Segovia , “Mimo Lalo” de Madrid, “Alquimistes”  de Barcelona,  e os galegos “Na lúa” de A Coruña e o noso representante “Xeratrium” de A Guarda.

A actuación da representación do Baixo Miño,  será  o mércores 12 de decembro. O grupo  representará a obra “O lago dos cisnes” . Trátase dunha revisión do conto do “parrulo feo” de Andersen, onde dun xeito metafórico falamos das dificultades que atravesa unha persoa con discapacidade intelectual ao longo da sua vida. Parte da banda sonora do espectáculo está composta e interpretada en directo  polo grupo Xerock. 

O debut do grupo na Comarca, será o dia  28 de decembro no  Auditorio Multiusos  de Goián  no Festival solidario organizado polo Colectivo de mariñeiros de A Guarda, no que actuarán xunto co cantante angolano Alberto Mvundi.

Comentario[s]

Sólo los usuarios registrados pueden escribir comentarios.
Por favor valídate o regístrate.

Powered by AkoComment 2.0!

 
< Anterior   Siguiente >
La Guardia en Imagenes