|
Unha camiñata por calquer rúa da nosa vila donde se están levando a cabo obras, atopamos instalados andamios que poñen en perigo a vida dos viandantes. Na maioría dos casos, non cumplen a normativa sobre os mesmos, xa que obstruen as veirarrúas obrigando que os peatóns teñen que invadir a calzada para poder camiñar, co risco de ser atropelados polos vehículos a motor.
Ademais, a veira dos mesmos, amontónase material de obra que amplia o espazo de acupación da vía publica e incrementa o risco. En moitos casos, non contan cas pertinentes redes de seguridade para impedir que os cascotes de obra ou a auga da limpeza sexan un perigo para os que por alí transcurren. Pero a maiores, en moitos casos, os andamios instalados, non teñen sinalización vertical, visible e lumínica, o que os fai invisibles pola noite. Por todo, elo, dende TERRA GALEGA-INICIATIVA VECIÑAL, ven a propoñer:
1º.- Que por parte do Servicio de Urbanísmo, se supervise ainstalacións dos mesmos cada vez que se presente unha solicitude.
2º.- Que se esixa a instalacións de andamios con pasarela para que os peatóns poidan pasar por debaixo dos mesmos cas debidas garantías e cumplindo a normativa existente.
3º.- Que se obrigue a colocación das sinais correspondentes que permitan a visualización de ditas instalacións a unha distancia razonable, tanto por parte de peatóns como de vehículos.
4º.- Que instalen as redes e cubertas de seguridade para que os cascallos nos caian de calquer xeito a rúa, ou que a auga e materiais de limpeza non salpiquen e manchen as demais vivendas, vehículos próximos ou persoas que por alí pasan.
A Guarda, a 2 de decembro do 2.007
Powered by AkoComment 2.0! |