Inicio

Configuración

aResizaImagen 040.jpg

El tiempo

La Guardia
9°C
[Detalles]

Encuestas

¿Os interesaria bajar DVDs de fotos de La Guardia?
 

¿Quién está en línea?

Hay 4 invitados en línea

Visitantes desde el
25/01/2006

Tablón de anuncios

 Escudo Troncosos
 

Otras cosas

Rincones del mundo

Formulario de acceso






¿Recuperar contraseña?
¿Quieres registrarte? Hazlo aquí

Servicio Público

Busquedas y saludos

O INSTITUTO DA XUVENTUDE DO MINISTERIO DE TRABALLO E ASUNTOS SOCIAIS, APOSTA POR “XERATRIUM" E-Mail
Calificación del usuario: / 2
MaloBueno 
escrito por Administrator   
 

A boa nova recibiuse estes dias con ledicia no San Xerome.  O Proxecto   de “Iniciativa xuvenil”  presentado ó Ministerio de Traballo no marco do Programa de acción comunitaria “A xuventude en acción”  foi  seleccionado entre  moitas outras opcións.


Esta resolución  de 22 de decembro pasado,  vai significar a posibilidade de darlle continuidade de formación  ó grupo  de teatro creado recentemente  no Centro San Xerome.

O grupo Xeratrium está composto por 10 xovenes con discapacidade  intelectual, 5 voluntarios que apoian a iniciativa e   dirixidos por Irene Moreira Fontán da Compañía de teatro  Xerpo Cultural de O Porriño.

O proxecto subvencionado ata o próximo mes de xuño, pretende mellorar aspectos tales como:

  • crear confianza, erradicar o medo ó ridículo e a crítica
  • desenrolo psicomotriz, vocal e afectivo de acordo as posibilidades de cada un autocoñecemento improvisación

Neste proxecto a discapacidade non vai ser unha limitación, xa que  as actividades estan deseñadas a medida dos actores e actrices, e o que se lles vai pedir  é  aprender sen frustracións.

A formación vai  impartirse un dia a semana, unha vez rematada a xornada laboral, e complementarase  con 5  monograficos mensuais. Un destes monográficos  será o  de percusión  creativa, e terá lugar na mañán  do próximo 8 de febrero, dia no que celebraremos o 27 aniversario do funcionamento do Centro.

Outros monográficos seran: “actividades circenses”,   “expresión corporal”,  “conta contos” (farase coincidir co  Dia das letras galegas), “autonomía individual e grupal” (a través de  actividades de cociña,  tarefas da casa ...).

Os monográficos serán abertos a  participación de outros  xovenes escolares  da localidade , co que intentaremos fomentar a integración social.

Está previsto que a primeira aparición pública do grupo nesta  segunda fase  da sua  andaina sexa  na  2ª Mostra de teatro non profesional do Baixo Miño “Gabriel Feixó Araúxo”, organizada polo Centro Goianés (Tomiño), I.E.S. A Sangriña (A Guarda) e á Oficina Xuvenil Transfroiteiriza de Tui. 

Na fotografía Celeste Diego,  na  Mostra  de Teatro Especial de Galicia, organizada pola Fundación ANADE e dirixida polo  coñecido actor galego José Colmenero,  que tivo  lugar en Lugo os pasados  11, 12 e 13 de Decembro  no Auditorio Gustavo Freire, e na que o grupo “Xeratrium” representou a obra “O lago dos  cisnes”. 

 

Comentario[s]

Sólo los usuarios registrados pueden escribir comentarios.
Por favor valídate o regístrate.

Powered by AkoComment 2.0!

 
< Anterior   Siguiente >
La Guardia en Imagenes