|
Nas distintas Comisións de Urbanismo, temos vido preguntando sobre a solución do expediente de expropiación para a execución do proxecto de urbanización e ampliación do entronque das rúas Circunvalación e A Cal, conocido popularmente como o tema da ?Figueira?, unha vez se procedeu a abonar o diñeiro a algúns dos propietarios e a outros se lles depositou na Caixa Xeral de Depósitos.
Temos manifestado que o procedemento non se fixo todo o ben que debera ser, xa que os abonos tiñan que facerse en base as parcelas afectadas e logo os propietarios de cada unha delas repartirse o diñeiro en proporción a parte que lles correspondera. Non se fixo así, e así xurdiron e se presentan as reclamacións dunha das parcelas parte dos propietarios sobre a parte do que lles pertence de xeito individual.
Tendo en conta o estado actual de vivenda e do muro, que representan un perigo para os peóns e vehículos que alí circulan, pero sobre todo que o Concello xa completou a tramitación correspondente.
Dado que por Decreto da Alcaldía nº 01058/2007 do 21 de decembro, según Rexistro de saída nº 5336, se procedeu a desestimación das reclamacións presentadas por un dos propietarios dunha das parcelas.
Dende TERRA GALEGA-INICIATIVA VECIÑAL, vimos a solicitar:
1º).- Que por parte do Concello, se proceda da maneira máis rápida posible a inscribir no Rexistro da propiedade da parcela adquirida.
2º).- Que se proceda a delimitar o terreo que por compra, nestes momentos é público.
3º).- Se proceda a demolición desas instalacións dada a perigosidade que nestes momentos representan para as persoas e vehículos que pasan a súa veira.
A Guarda, 16 de xaneiro do 2.008
Sólo los usuarios registrados pueden escribir comentarios. Por favor valídate o regístrate. Powered by AkoComment 2.0! |