|
Según revisión da documentación do Rexistro de Entrada do Concello,atopamos con data do 18.12.07 e 29.12.07 cos nº 9062 e 9298, sendos escritos presentados por particulares, no que elevan a esa Alcaldía, DENUNCIAS sobre ILEGALIDADE URBANISTICA, contras as obras levadas a cabo o aveiro da Licencia nº 204/2006 da que é titular o membro do Equipo de Goberno, D. PAULINO RODRIGUEZ GONZALEZ, por non axustarse o permiso concedido. Da lectura de ditas denuncias, se desprende que as obras realizadas, están consideradas como ILEGALIZABLES, e que teñen a Categoría de Graves.
Dado que non temos recibido nín encontrado ningún documento que desmonte ditas acusacións, e polo que vimos a solicitar que por parte do Departamento de Urbanísmo, tanto técnica como xuridicamente se emitan os informes de Lei, nos que se deixe claro que dita obra cumple con tódolas garantías, ou polo contrario, se dé inicio a apertura de Expediente de Reposición da Legalidade Urbanística e se sigan tódolos pasos sinalados na LOUGA a fin de proceder a demolición de todo aquelo que esté fora da Lei. Asimesmo, en virtude das aplicacións da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, se teña a este Grupo Político como parte interesada en dito expediente e se nos dé traslado de tódalas actuacións que de ditas denuncias se deriven.
A Guarda, a 07.02.2008
Celso R. Fariñas Isabel Lidia González Alonso |
Escrito por Invitado el 2008-02-11 06:26:58 Seica algo cheira mal na Gandara, a ver se imos a ter a un Julian Muñoz eiqui |
Sólo los usuarios registrados pueden escribir comentarios. Por favor valídate o regístrate. Powered by AkoComment 2.0! |