Inicio

Configuración

aResizaDSC00129.jpg

El tiempo

La Guardia
9°C
[Detalles]

Encuestas

¿Os interesaria bajar DVDs de fotos de La Guardia?
 

¿Quién está en línea?

Hay 3 invitados en línea

Visitantes desde el
25/01/2006

Tablón de anuncios

 Escudo Troncosos
 

Otras cosas

Rincones del mundo

Formulario de acceso






¿Recuperar contraseña?
¿Quieres registrarte? Hazlo aquí

Servicio Público

Busquedas y saludos

O BNG satisfeiton polo anuncio da Consellaría de comezar as obras do Parque Empresarial este ano E-Mail
Calificación del usuario: / 1
MaloBueno 
escrito por Administrator   

A conselleira Tereixa Táboas anunciou o inicio das obras para o segundo semestre deste ano

Xan Lois Lomba: “a ausencia do Alcalde da Guarda na presentación amosa falta de interese do goberno municipal polo polígono”

 

O BNG na Guarda, a través do seu portavoz municipal mostra a súa satisfacción polo anuncio do comezo das obras do Parque Empresarial A Guarda-Rosal no segundo semestre deste ano, feito pola Conselleira de Vivenda durante a presentación do Estudo de Localización de Solos Produtivos no Sur da Provincia de Pontevedra celebrado o pasado día 1 de febreiro no IFEVI

 Segundo indicou a Conselleira, actualmente, estase en proceso de adquisición dos terreos, e tense previsto iniciar as obras do polígono empresarial no segundo semestre deste ano e telo rematado a finais do ano 2009.

 Este anuncio fíxose ante a presenza de Alcaldes, Alcaldesas e outras autoridades da zona sur de Pontevedra, estando ausente o goberno municipal da Guarda, nomeadamente o Sr. Alcalde , José Manuel Domínguez Freitas.

 Dende o BNG considérase unha falta de responsabilidade por parte do goberno do concello non estar en dita presentación do Estudo de Solos Produtivos na que está incluído, entre outras obras, o parque empresarial A Guarda-O Rosal, unha obra de máxima prioridade para a dinamización industrial e empresarial do concello e considera que calquera goberno que exerza como tal debe estar presente en todos os foros onde se deciden, presentan, planifican ou negocian proxectos de vital importancia para o concello da Guarda.

 A actitude do goberno municipal, subliñan os nacionalistas, amosa un total desinterese polo polígono empresarial A Guarda-O Rosal.

 Nese sentido, o BNG presentou un escrito no concello onde manifestan á súa desconformidade ante ausencia do goberno municipal na presentación do Estudo de Localización de Solos Produtivos no Sur da Provincia de Pontevedra.

 
Atentamente,

 Xan Lois Lomba Alonso.

 Portavoz municipal do BNG na Guarda.

Comentario[s]

Sólo los usuarios registrados pueden escribir comentarios.
Por favor valídate o regístrate.

Powered by AkoComment 2.0!

 
< Anterior   Siguiente >
La Guardia en Imagenes