Inicio

Configuración

aResizaImagen 213.jpg

El tiempo

La Guardia
9°C
[Detalles]

Encuestas

¿Os interesaria bajar DVDs de fotos de La Guardia?
 

¿Quién está en línea?

Hay 5 invitados en línea

Visitantes desde el
25/01/2006

Tablón de anuncios

 Escudo Troncosos
 

Otras cosas

Rincones del mundo

Formulario de acceso






¿Recuperar contraseña?
¿Quieres registrarte? Hazlo aquí

Servicio Público

Busquedas y saludos

BO INICIO DA TEMPADA DEPORTIVA DO CLUB POLIDEPORTIVO SAN XEROME EMILIANI E-Mail
Calificación del usuario: / 3
MaloBueno 
escrito por Administrator   
 
  Campionato galego de campo a través, celebrado hoxe  mércores dia  13 de febreiro  no Circuito de Castrelos (Vigo),  marcou o inicio da tempada deportiva 2008  dos Clubes adscritos a Federación galega de deporte para discapacitados intelectuais  (FEDDI). 

     O inicio non poido ser mellor para o Club do  Baixo Miño, xa que no citado Campionato obtiveron 3 importantes medallas. 

     Na  categoría absoluta masculina , a categoría de competición , o xovencísimo  atleta de Estás (Tomiño), David Barbosa  Pereira,   conseguiu a medalla de bronce, por detrás dos deportistas Fran Pérez e Carlos Oitavén do Club San Rafael de Vigo. Impresionante debut deste deportista  do Baixo Miño, que con tan só 19 anos ten unha  clara proxección de futuro.

 

 Nas cateorías adaptadas, tanto femininas como masculinas tamén houbo “podium” para os deportistas baixo miñotos.

     Na categoría feminina, Maite Rodríguez Barros, a deportista de Goián,  foi terceira por detrás de duas atletas do Club Esclavas de Mos.

     Na categoría masculina,  o rosaleiro Iván Riveiro Flores,  é  o novo Campión galego da categoría adaptada por diante  dos participantes do Club San Rafael de Vigo, e do Club Apader de Cedeira;  rematando así unha xornada redonda para o  Club San Xerome, bandeira do Baixo Miño  nas competicións da FEDDI. 

     O 27 de febreiro terá lugar  a primeira xornada da Liga galega de baloncesto,  e o 12 do próximo mes de marzo a primeira xornada da Liga galega de  fútbol sala. 

     Mentres,  os martes e os sábados   duro traballo nos adestramentos cos  entrenadores voluntarios do Club. Interesados  en colaborar co Club (voluntarios ou patrocinadores) contactar  no número de Tfno. 986 613719 e preguntar por Alberto Portela Liste. 
 
 

     Na fotografía Iván Riveiro Flores, atleta do Rosal,  no podium da categoría adaptada no Campionato celebrado hoxe  no circuito de Castrelos (Vigo).

Comentario[s]

Sólo los usuarios registrados pueden escribir comentarios.
Por favor valídate o regístrate.

Powered by AkoComment 2.0!

 
< Anterior   Siguiente >
La Guardia en Imagenes