Inicio arrow La Guardia arrow PREDICAR CO EXEMPLO, PEDIR PERO TAMEN DAR

Configuración

aResizaEsta es la mejor de toas.jpg

El tiempo

La Guardia
9°C
[Detalles]

Visitantes desde el
25/01/2006

Tablón de anuncios

 Escudo Troncosos
 

Otras cosas

Rincones del mundo

Servicio Público

Busquedas y saludos

PREDICAR CO EXEMPLO, PEDIR PERO TAMEN DAR E-Mail
Calificación del usuario: / 2
MaloBueno 
escrito por Administrator   
 
O 5 de decembro, a bombo e platillo, (sen invitación os partidos da oposición, non fose que lles quitaran espacio nas testemuñas gráficas) e así o reflexaron os medios de comunicación, celebrouse un PLENO INFANTIL, para concientizar, especialmente os máis cativos, sobre a
necesidade do crecemento harmónico e sostible, participando na Axenda 21 Local.
 
 Instábase a unha conciencia medioambiental na procura dun mundo mellor, así moitas das intervencións foron no eido da selección dos materiais domésticos, reciclaxe, limpeza das beirarrúas, praias, etc., na conquista dun mundo mellor para o futuro.

       Moitos dos escolares asistentes, quedáronse ca mensaxe, pero teñen un problema, non teñen donde facelo, pois en moitos lugares do pobo, non existen papeleiras donde depositar os envoltorios das súas chucharías e non saben que facer cos mesmos, e a solución non pode pasar por metelos no bolso ata que cheguen de volta a súa casa.

       O panorama de papeleiras, oxidadas, rotas, esnaquizadas, soltas, ou en moitos casos so existe a testemuña do tubo de soporte sen ningún arranxo feito en moito tempo.

       Un Concello que quer ser un referente cara o turismo, e que non ten outro futuro máis a man como é potenciarse neste eido,  tamén debe amosar aos que nos visitan unha faciana limpa, para que a súa estancia entre nos sexa o suficientemente agradable, para que nos teñen en
conta, nos promocionen entre as súas amizades e volvan de novo o noso pobo.

       Exposto isto, un deles, dirixiuse a este Grupo Municipal, para que fixeramos chegarlle a mensaxe, que na rúa Ourense, dende el vive, non ten papeleiras.

       Meu amigo ?D?, quer que se instalen papeleiras na súa rúa, así desa maneira evitar ollar tódolos días o lixo ciscado no chan, quer que as poñan e así dicirlle aos maiores que colaboren na limpeza e mellora desa zona.

       Quer predicar co exemplo, e para demostrarlle as demais, especialmente os maiores, o seu compromiso medioambiental, SOLICITA desa Alcaldía, que se impartan as ordenes oportunas o persoal municipal a fin de que na rúa Ourense, se proceda a instalar papeleiras.

       Dende TERRA GALEGA-INICIATIVA VECIÑAL, facemos extensiva dita solicitude, para que se proceda a instalar nas demais rúas do noso pobo o suficiente número destes recipientes a fin de que non exista motivo para que aqueles que non teñen conciencia, se xustifiquen deixando ou tirando os envoltorios o chan.

A Guarda, a 07.02.2008


Celso R. Fariñas                                   Isabel Lidia González Alonso


Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda

Comentario[s]

Sólo los usuarios registrados pueden escribir comentarios.
Por favor valídate o regístrate.

Powered by AkoComment 2.0!

 
< Anterior   Siguiente >
La Guardia en Imagenes