Configuración

aResizaEsta es la mejor de toas.jpg

El tiempo

La Guardia
19°C
[Detalles]

Visitantes desde el
25/01/2006

Tablón de anuncios

 Escudo Troncosos
 

Otras cosas

Rincones del mundo

Servicio Público

Busquedas y saludos

INICIATIVA VECIÑAL - ¿COMO ESTA O P.X.O.U.? E-Mail
Calificación del usuario: / 1
MaloBueno 
escrito por Administrator   
INICIATIVA VECIÑAL - ¿COMO ESTA O P.X.O.U.?
 
QUEREMOS UN PLAN XERAL TRANSPARENTE E PARA A MAIORIA......O vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) é do 93, e hai moitos anos que, en moitos aspectos, quedou desfasado porque deixou de responder as actuais necesidades deste pobo. Ademais, dende a súa entrada en vigor, naceron varias leis sobre o solo e urbanismo que contradicían e contradín as determinacións do Plan. Se a isto engadimos que ten bastantes erros na planimetría, dábanse e danse razóns dabondo para facer un novo PXOM......
 
PODE QUE SE ESTEA A  USAR CON FINS ESPECULATIVOS..........

UN PLAN VAI ADIANTE SE CONTA CO RESPALDO DOS VECIÑOS...Un Plan Xeral vai adiante se conta co respaldo maioritario dos veciños e veciñas. Aí está o recente exemplo de Cangas ou as Normas Subsidiarias de A Guarda do ano 1988 que non foron adiante por non contar con este respaldo. Se un Plan se fai só para favorecer a uns poucos non prospera.....

Coa lentitude coa que vai discorrendo a redacción do PXOM e co proceder viciado e escuro que marca o Alcalde é seguro que non vai ser  esta Corporación a que lle dea a aprobación final............

Todo o anterior o dicía o PSOE  no seu boletín ?O TEU POBO? Nº 10 DE OCTUBRO-2005

       ¿A que parece que eso mesmo se pode decir hoxe? Aparte deles, ¿Quen sabe como está a redacción do  Plan Xeral nestes momentos? Nin partidos políticos, nin asociacións nin ninguén sabe como vai o traballo de elaboración do mesmo, Ninguén non, algúns si que o saben xa que sabemos de xuntanzas habidas con promotores no Concello fora do horario normal de funcionamento do mesmo. ¿De que estaban a falar?

       Se os cambios feitos no actual AVANCE son moi significativos, ¿Porque non se presentan como novo AVANCE para que os veciños conozan de primeira man as modificacións ou o novo deseño urbanístico do noso pobo?

       No seu momento, eles falaban de que o AVANCE había entrado pola ?porta de atrás? insinuando que se podía estar usando con fins especulativos, agora os novos datos e as modificacións deben entrar pola chimenea sen fume e soio para algúns, o da transparencia e para a maioría, somentes é para os concelleiros do Grupo Municipal de Goberno, por iso tamén coincidímos cunha das frases aparecidas no boletín ?O teu pobo? o que facemos referencia: ?Temos un alcalde que practica urbanísmo a carta; que dí que o Plan Xeral é cousa de todos pero na realidade está a ser só cousa dalgúns?...PODE SER QUE SE ESTEA A USAR CON FINS ESPECULATIVOS.

A Guarda, a 17 de abril do 2.008



Celso R. Fariñas                              Isabel Lidia González Alonso

Comentario[s]

Escribe tu comentario
Nombre:Invitado
Título:
BBCode:Web AddressEmail AddressBold TextItalic TextUnderlined TextQuoteCodeOpen ListList ItemClose List
Comentario:



Inserte el Codigo:* Code

Powered by AkoComment 2.0!

 
< Anterior   Siguiente >
La Guardia en Imagenes