|
Hoxe é un día de festa para as nosas letras, pero na Guardia e no Ribeiro as letras, e máis ainda as galegas, choran a morte dun dos seus escudeiros máis fieis, Xosé Carlos Gómez Alfaro, dende aquí unha páxina que naceu en parte na base das súas ensinanzas, xa que foi un dos meus mestres, queremoslle rendir a mellor homenaxe que se lle pode facer a un POETA, ler a súa obra nun día tan señalado coma hoxe. "As labaradas da sua lembranza persegueran con cariño a todo-los que bebemos da sua ensinanza". Gracias Xosé Carlos Reproducimos un poema adicado A Guardia para que todos lle poidades render esta última, que non derradeira, homenaxe. Para lelo dadelle a "leer mas"
HIMNO Á GUARDA ¡Salve, emperatriz do mar, gloriosa matria dos castros, raíña do Baixo Miño, gamela, palangre e castro. ¡Salve, venerable Abóbriga, altar de Santa Tegra almo, noiva albar dos mariñeiros, edén de lúas e enganos! ¡Nosa señora da Guarda, salve, si, madre de náufragos, útero azul da langosta e aleluia dos ocasos! ¡Nosa gaivota auroral, salve, si, guia do Amado, ti fuches forte e es gloria, nereida e Virxe do facho! Xosé Carlos Gómez Alfaro |
Jose Carlos Gomez Alfaro, In Memoriam. Escrito por Invitado el 2008-07-19 18:51:10 Era buena gente, paciente, sincero y amable con todos. A mi me dio clase hace ya muchos anos, y creo que merece un recuerdo carinoso. Lamento muy sinceramente su temprana muerte, y espero que el Todopoderoso le acoja en su presencia, para gozar, ahora ya para siempre, de la compania del hijo que perdio hace tambien mucho tiempo, y que se que lloro durante anos. Que descanse en paz. Un ex-alumno de La Guardia. | José Carlos Gómez Alfaro Escrito por Invitado el 2008-07-19 18:50:48 Todolos que coñecimos a Alfaro sentimos seu pasamento.Cando a mea hora de falecer me acheguei ao antigo Colexio M.R.Sinde levei unha forte impresión. Quero reproducir unha poesía de Fermín Bouza Brei na súa lembranza. Escoita, Nai Galicia pra tí dos penedales, dos castros, dos carballos, dos ríos e dos vales saen notas de bronces que apagando o meu berro, cal cóndores reales, van rubindo as congostras das rexións inmortales a perderse nos campos de ilusión de Infinito... José A. Uris Guisantes
| Escrito por Invitado el 2008-07-19 18:51:40 Que D.E.P Era o profesor dos meus fillos e sinto un gra dolor cando sexan maiores que daralle un gran recordo deste grande mestre levamolo no corazon e era amigo dos poetas grandes e pequenos |
Sólo los usuarios registrados pueden escribir comentarios. Por favor valídate o regístrate. Powered by AkoComment 2.0! |