|
O portavoz municipal do BNG, Xan Lois Lomba Alonso, presentou un escrito no rexistro do concello denunciando que na páxina www.galiciaparaelmundo.com aparecen datos inexactos sobre o Concello da Guarda.
Segundo a formación nacionalista, as inexactitudes pasan por declarar as Festas do Monte como as Festas do Viño e confundir a súa orixe cun acontecemento relixioso antiquísimo como é o Voto, chegando incluso a denominar a “Romería del Monte Santa Trega”.
Outras das incorreccións e a de dotar de hoteis, restaurantes e teléfono á praia da Lamiña.
Hai que sinalar que na mesma páxina figura una entrevista ao Sr. Alcalde, polo que entendemos que o grupo de goberno é coñecedor da publicación desta páxina e dos seus contidos.
Dende o BNG entenden que estas inexactitudes son de calado suficiente como para que dende a Alcaldía se lles pida unha corrección, asesorando adecuadamente para que non se volvan producir erros desta natureza, onde se mesturan actos relixiosos con festivos, invéntanse a orixe de festas, colócanse servizos inexistentes en praias, .... Asdo: Xan Lois Lomba Alonso.
Portavoz municipal do BNG na Guarda
|
Escrito por Invitado el 2008-07-24 18:43:28 Menos entrevistas e mais traballo que so valedes pa pasearvos | av Escrito por Invitado el 2008-10-17 13:32:55 esta todo moi ven dito pero amin o que me preocupa e que moitos dos meus amigos algun familiar, estan traballando fora de galiza e fora do seu pobo por qe outros soi se dedican a falar de galiciza si galicia non, en vez de impulsar otraballo pa xente do povo, |
Sólo los usuarios registrados pueden escribir comentarios. Por favor valídate o regístrate. Powered by AkoComment 2.0! |