|

O goberno socialista ten paralizado o novo PXOU O BNG presenta no pleno que se vai celebrar este xoves 24 unha nova moción para que se inicien os trámites de cara a aprobación do Novo Plan Xeral de Urbanismo.
Dende a formación nacionalista vénse preguntando ao goberno municipal que está a pasar co novo PXOU en repetidas ocasións. As desculpas do Sr. Alcalde responsábel tamén da área de Urbanismo, son continuadas.
O BNG lembra que un dos grandes argumentos do Sr. Freitas na campaña electoral era a urxencia de aprobar un novo plan de urbanismo moi necesario para o noso concello. Hoxe son todo desculpas e o peor de todo, total ausencia de información sobre o novo Plan Xeral. Sen embargo non houbo ningún problema para aprobar da man do PP, 5 días antes das eleccións municipais, un convenio urbanístico de dubidosa legalidade e que vai condicionar o futuro Plan Xeral.
Dende a formación nacionalista queren lembrarlle ao Sr. Alcalde que a súa obriga como gobernante é a de presentar un documento-base aos veciños e as forzas políticas para que estas poidan facer as aportacións que consideren necesarias.
O BNG critica a actuación do goberno socialista, por manter paralizado o novo Plan Xeral de Urbanismo tal e como o viña facendo o anterior goberno do PP, e poñen en dubida que se vaia a aprobar na actual lexislatura. Finalmente, os nacionalistas argumentan que se ven na obriga de presentar unha moción na que solicitan do goberno municipal que poña sobre a mesa un documento que dea inicio a tramitación do futuro Plan Xeral de Urbanismo, tan urxente e necesario para o noso concello. De non facelo esíxenlle ao Alcalde que lle explique aos veciños da Guarda as verdadeiras razóns polas que ten paralizado a súa tramitación e que con valentía lles informe de que non vai aprobarse nesta lexislatura o novo Plan Xeral de Urbanismo. Sólo los usuarios registrados pueden escribir comentarios. Por favor valídate o regístrate. Powered by AkoComment 2.0! |