|
Dadelle a ler mais para acceder oPROGRAMA DAS FESTAS DO MONTE 2008. en Galego, onde encontraredes información sobre toda-las actividades que se desenrolaran na nosa semana das Festas Grandes.
PROGRAMA DAS FESTAS DO MONTE 2008 SÁBADO 2 Ás 16:00 h. XIII TRAVESIA A NADO PORTO DA GUARDA Organiza: Concello da Guarda e Érguete Baixo Miño Colabora: Comisión de Festas DOMINGO 3 CONCURSO INTERNACIONAL DE PESCA DEPORTIVA IX TROFEO FESTAS DO MONTE Entrega de premios: sábado día 19 ás 19:00 h. Organiza: asociación de Pescadores “O BUXEIRO” Colabora: Comisión de Festas LUNS 4 Unha TIRADA DE FOGOS abrirá a semán das FESTAS DO MONTE Ó longo da mañá varios grupos de GAITAS acompañados dos populares CABEZUDOS encherán de alegría as distintas rúas e barrios do noso concello. Ás 20:00 h. no Auditorio de San Bento inicio oficial das Festas do Monte 2008 coa lectura do PREGÓN DAS FESTAS a cargo do ilustre guardés D. ERMELINDO PORTELA GÓMEZ De seguido, FESTIVAL FOLCLÓRICO con grupos da bisbarra e norte de Portugal Ás 10 da noite nos recintos da Alameda VERBENA a cargo das orquestras: AMISTAD e DELIRIO MARTES 5 De novo as GAITAS e CABEZUDOS alegrarán as nosas rúas. Ás 17:30 h., MARCHA CICLOTURISTA POPULAR. Organiza: Club Ciclista Guardés Colabora: Comisión de Festas A partires das 20:00 h. no Auditorio de San Bento II ENCONTRO DE BANDAS DE MÚSICA VILA DA GUARDA A cargo da Banda Escola de Música de Ortigueira e Agrupación Musical de A Guarda. Ó longo deste concerto darase a coñecer a Raíña da Terceira Idade e as súas Damas de Honor. Ás 22:00 h na Alameda segunda VERBENA das Festas a cargo de: SUPER-T e ESTELARES MÉRCORES 6 Ó son das gaitas animarán un día mais as mañás guardesas acompañadas polos incansables cabezudos. Ás 17:00 h. no Estadio Municipal XVII TROFEO FESTAS DO MONTE DE FÚTBOL INFANTIL Organiza: Comité de Fútbol Infantil da Guarda Colabora: Comisión de Festas Ás 19:00 h. no Auditorio de San Bento ESPECTÁCULO PARA NENOS coa actuación do mago xuvenil Juan Manuel e un grupo de teatro infantil que se dará a coñecer oportunamente. As 21:30 h. Auditorio de San Bento MUSICA CORAL NA FESTA DO MONTE coa participación de: Coral Polifónica Vagalume de Oia Coral da Agrupación musical do Rosal Coral Polifónica da Guarda A partir das 22:00 h terceira GRAN VERBENA a cargo de: LEDICIA e TORNADO. XOVES 7 Os cabezudos acompañarán de novo ós grupos de gaitas durante unha mañá máis polas rúas e barrios do Concello. Hora 16:00 h. XXII TROFEO FESTAS DO MONTE DE CICLISMO Categorías: benxamíns, Alevíns, Infantís, Cadetes e Júnior. Carácter. Regional-Fronteirizo Horario: 17:00 – 17:30 h.: Alevíns 17:30 – 18:00h,: Infantís 18:00 – 19:00,: Cadetes 19:00 – 20:00,: Juniors 20:00 – 20:30,: Benxamíns Organiza: Club Ciclista do Rosal Colabora: Comisión de Festas Durante a tarde VI ENCONTRO DAS BANDAS no Porto da Guarda Ás 21:30 h. no Centro Cultural da Guarda XXII CERTAME DE POESÍA FELICIANO ROLÁN Organiza: Agrupación Cultural Guardesa Colabora: Comisión de Festas Ás 22:00 na Alameda CUARTA GRAN VERBENA a cargo de: TAMARINDOS e ISLA VENRES 8 As muiñeiras soarán de novo en tódolos recunchos da Guarda Ás 18:00 h. CARREIRAS PEDRESTES POPULARES FESTAS DO MONTE Organiza: Comisión de Festas Colabora: Caixa Nova Ás 20:00 h. no Pavillón Polideportivo Municipal da Sangrita TORNEO DE BALONMÁN MASCULINO E FEMININO Organiza: Club Atlético Guardés de Balonmán Colabora: Comisión de Festas Ás 21:30 h. na Igrexa Parroquial VI FESTIVAL DE VOCES BRANCAS coa participación de: Coro Estela de Panzón Grupo Antorcha Coro Cantábile Organiza: Coro Cantábile Colabora: Comisión de Festas Ás 22:00 na Alameda GRAN VERBENA a cargo de: D´MODA e TROPICANA Ás 23:00 h. no Campo de Chans FESTIVAL ROCK Organiza: Asociación Cultural Xieiro SÁBADO 9 A partir das 12:00 h. GRAN DESFILE FOLCLORICO TRADICIONAL que discorrerá entre a Alameda e o Porto da Guarda. Neste desfile participarán os seguintes grupos: Grupo de Gaitas E Baile Do Lusco O Fusco de A Guarda Lavradeiras de Gondar De Portugal Treboada Brisas de Tomiño – Charanga Airitos do Tamuxe A Fiada de Santa Maria de Oia – Virxen do Alivio de Tomiño Areas da Luada De Gondomar Grupo de Gaitas A Boalleira Da Gándara Grupo de Gaitas Tercera Idade Da Guarda Grupo de Baile Xamaraina Da Guarda Grupo de Gaitas Orballo Da Guarda Grupo de Gaitas Os Petóns Da Guarda Grupo de Gaitas Os Pelouros Da Guarda Grupo de Gaitas Raigallos Do Trega Da Guarda Tremenda Treboada Do Tregra Da Guarda Grupo de Gaitas Xalundes – Grupo Os Remolóns Da Guarda Grupo de Baile Dos Colexos Públicos Da Sangrita, Nicolas Gutierrez, Manuel Rodríguez Sinde. Neste desfile participan centos de guardeses e guardesas ataviados/as con variedade de traxes galegos. Como cada ano desfilarán as seguintes Bandas Mariñeiras: Banda Negra, Banda Roja, A Caballada, A Desfeita, Ceu Oscuro, Achicadoira, Os da Corea, Os Perdidos, A Foliada, A Beira do Río, Mau-Mau, Os Despistados, Ribadela, A Troulada, Os do Rancho, Os da Alba, O Pé do Trega, Nova Semente, A Fervenza Tinta, Do Outro Lado do Monte. Ás 16:00 h. VI CAMPIONATO – EXHIBICIÓN DE XADREZ O AIRE LIBRE Organiza: Asociación Cultural Deportiva “Albatros” Colabora: Comisión de Festas Ás 19:00 h. ENTREGA DOS PREMIOS aos gañadores/as do Concurso Internacional de Pesca Ás 22:00 h. na Alameda VERBENA a cargo de: FLORIDA e LOS PLAYER´S DOMINGO 10 Ás 10:00 h. da maña fará entrada na Alameda da Guarda a AGRUPACIÓN MUSICAL ARTISTICA DE ARCADE que acontinuación realizará un pasarrúas polo Pobo. Durante a maña, GRUPOS, BANDAS E FAMILIAS subián ó Monte para celebrar a tradicional ROMARÍA DO MONTE SANTA TECLA Ás 12:00 h. tradicional Concerto de Alameda da Guarda a cargo da BANDA DE MÚSICA AGRUPACIÓN MUSICAL ARTÍSTICA DE ARCADE Ás 13:00 h. Bombas de Palenque anunciará o inicio do XANTAR NO MONTE SANTA TECLA Á tardiña, despois de troular toda a tarde MERENDA- CEA no Montiño – Parque Cancelón que dará paso A DESFEITA, coa baixada dos romeiros Ás 22:00 h. na Alameda ÚLTIMA VERBENA a cargo de: CARAVANA e a Banda de Música AGRUPACIÓN MUSICAL ARTÍSTICA DE ARCADE LUNS 11 No Auditorio de San Bento CONCERTO a cargo da Banda de Música AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL Ás 24:00 h. no Porto de A Guarda GRAN TIRADA DE FOGOS DE ARTIFICIO coa que rematarán as FESTAS DO MONTE 2008. |
Unha viguesa-guardesa en navarra Escrito por Invitado el 2008-07-31 06:21:40 Estou desexando ir xa...outro ano máis!!! teño moita morriñaaaaaa.... | Escrito por Invitado el 2008-08-04 14:16:57 este año no van a valer para nada
| una gallega en alicante Escrito por Invitado el 2008-11-15 10:46:14 espero poder ir a las fiestas de mi pueblo cuanto antes ya que llevo sin ir unos diez años y quien diga que las fiestas de la guardia no valen esta muy equibocado |
Sólo los usuarios registrados pueden escribir comentarios. Por favor valídate o regístrate. Powered by AkoComment 2.0! |