O PSOE de A Guarda ten en estado de abandono os parques infantis
O Partido Popular de A Guarda denuncia a situación na que se encontran os parques infantís da vila, principalmente o de o porto de A Guarda na zona da Atalaia no que se encontran os columpios rotos e oxidados, a fonte de pedra tamén está en mal estado, perdendo auga polo que o parque está completamente anegado, así como os parques do centro cultural e da pasaxe que están nunha situación similar. Os xardíns e parques están en estado de abandono total, as zonas axardinadas sen plantas e con maleza, e todo elo resulta perigoso para o uso dos nenos, para o paseo dos transeúntes e dos turistas que nestas datas nos visitas. Así pretende o concello facer de A Guarda unha vila turística, dando unha imaxe deplorable do noso concello, coñecido entre outras cousas pola súa gran beleza paisaxística.
Comentario[s]
Escrito por Invitado el 2008-09-07 07:30:30Parece mentira que o PP despois de un feixe de anos gobernando A Guarda abra os ollos,non quero con isto xustificar a desidia do PSOE pois foi como un foguete de feria moito ssssss e pouco pum. Pasa o mesmo co tema do trafco,urbanismo e outros,agora unha estación de autobuses por maxia pasa a ser unha sala de concertos e outras.... menos mal que o cocelleiro bde cultura pon un pouco de sentido neste desgoberno....así vai o pobo, de cu.
Sólo los usuarios registrados pueden escribir comentarios. Por favor valídate o regístrate.