|
ACIGU CCA presentou na sede da Asociación a campaña de promoción: “Volta ó Cole” |
|
|
escrito por Administrator
|
O 26 de Agosto, Carmen Mª García Braga, presidenta da Asociación de Empresarios de A Guarda – ACIGU CCA presentou na sede da Asociación a campaña de promoción: “Volta ó Cole”
Esta é unha campaña que ACIGU tradicionalmente ó chegar estas datas considera necesaria e oportuna para o fomento e desenrolo da economía comercial a través do aforro para as familias, supondo uns importantes descontos nas compras efectuadas nos nosos establecementos.
Esta campaña que dará comezo o 1 de Setembro e consistente na entrega de carteis é totalmente gratuíta para todos os establecementos asociados a ACIGU, dando a posibilidade ós clientes de participar no sorteo de:
Vales Compra por valor de 5 €
Vales Compra por valor de 10 €
Vales Compra por valor de 20 €
Para entrar no sorteo destes agasallos os clientes só terán que depositar nos establecementos asociados onde realicen a súa compra os tíckets de compra indicando nome e número de teléfono.
Powered by AkoComment 2.0! |