O BNG denuncia a precariedade dos sinais de tráfico en M. Álvarez e Circunvalación
escrito por Administrator
A formación nacionalista informa que os sinais de STOP existentes na intersección entre a rúa Circunvalación, Manuel Álvarez e Enrique Mª Sexto levan meses sen ter en funcionamento os luminosos de advertencia que están integrados no sinal.
O BNG sinala que dada a importancia de este cruce que absorbe todo o tráfico que baixa e sobe do Porto e da zona centro da vila; as características do mesmo dado que a prioridade da rúa E:M Sesto moitas veces non é atendida polo tráfico da rúa M: álvarez e Circunvalación, fan necesario todo tipo de advertencia para evitar incidentes innecesarios e desagradábeis.
Os nacionalistas xa puxeron en coñecemento da situación ao Goberno municipal para que solucione esta situación de xeito inmediata, mais até o de agora parece que o goberno municipal no ten moito interese pola seguridade vial neste cruce con un alto fluxo de tráfico.