J
Miguel Giráldez: Máis que un cambio o que Oia necesita é
un recambio e para iso é necesario que formemos parte da corporación
municipal
O Bloque Nacionalista Galego
presentou
este venres na Casa da Cultura de Mougás a candidatura coa que se
presentará ás vindeira eleccións municipais.
O acto, ao que asistiron máis dun
cento de persoas, foi presentado por Paula Soto Viñas -número tres
na candidatura- e contou coa intervención de Sandra González
-Alcaldesa de Tomiño-, Carme Adán -deputada no Parlamento Galego-
e J Miguel Giráldez -Candidato á Alcaldía de Oia.
Durante a súa intervención, o
candidato nacionalista insistiu na necesidade dun cambio profundo na
política que se está a facer no concello de Oia e afirmou que:
“Tendo
Oia tantos recursos e tanto potencial, algo se ten que estar facendo
mal desde o goberno municipal para estar na situación de atraso que
temos con respecto os concellos veciños e o BNG é a única
alternativa a esta situación”
.
Entre
as cuestións que o Bloque Nacionalista Galego considera prioritarias
para Oia, o candidato nacionalista salientou a dotación de auga
municipal necesariamente unida á aprobación dun Plan Xeral de
ordenación Municipal (PXOM); o saneamento integral en todo o
Concello; un centro de saúde axeitado; procurar solucións aos
evidentes problemas de transporte público e a recuperación e posta
en valor do patrimonio cultural e paixasístico como motor que
converta o turismo nunha fonte de riqueza para Oia.
J
Miguel asegurou que o BNG ten capacidade para dar solución ás
carencias que sofre Oia e ideas realistas para activar a súa
economía. Entre outras nomeou a posibilidade de crear na localidade
unha pequena área industrial centrada nas enerxías renovábeis e a
construcción dun parque de ocio nas Orelludas.
Pola
súa banda a deputada do BNG Carme Adán salientou o compromiso que o
candidato de Oia ten co seu concello e o contacto constante que
mantén co Grupo Parlamentar do BNG para levar á Xunta de Galiza as
preocupacións das veciñas e veciños de Oia. Comentou tamén a
deputada nacionalista a necesidade da presenza do BNG na corporación
municipal como única forza política realmente comprometida cos
problemas das maiorías sociais e o mantemento dos servizos públicos.
A
alcaldesa de Tomiño, Sandra González, manifestou a súa total
confianza na candidatura do BNG en Oia asegurando que a presenza do
BNG no concello é fundamental para un cambio real no xeito de facer
política municipal.
Ao
remate das intervencións presentáronse ás mulleres e homes que
acompañan a J Miguel na candidatura:
MARIO
VILA ÁLVAREZ
PAULA
SOTO VIÑAS
DAMIÁN
VALVERDE RODILLA
LUCÍA
FLORA LÓPEZ PÉREZ
JUAN
VICENTE GONZÁLEZ PÉREZ
XURXO
IGLESIAS IZQUIERDO
MARIA
FE GONZÁLEZ PÉREZ
LAURA
TOBA ESTÉVEZ
DANIEL
FERNÁNDEZ ÁLVAREZ
MARIA
JESÚS DE LA MILAGROSA TOBA GIRÓN
ESTRELA
VALVERDE RODILLA
ALFONSO
MARIA DE LIGORIO ÁLVAREZ CACCAMO
ANA
MARÍA GANDÓN MENDUIÑA